Percorrido e estradas afectadas por “La Vuelta 2016”

publicado en: NOVAS | 0

Despois de inundar as parroquias, núcleos e lugares do concello de Ribadavia de toda a información dispoñible, a cinco día de que “La Vuelta 2016” pase polo noso concello dúas veces en dous días (20 e 21 de agosto), tamén os imos a deixar os mapas gráficos para que teñades toda a información que temos nos.
Aquí podedes descargar a información xeográfica do evento no tramo do concello de Ribadavia:
Zona I: Plano xeral Concello de Ribadavia  
Zona II: Sanín, As Chavolas, A Groba, Ventosela Valdepereira, San Andrés e Esposende
Zona II: Ortofoto
Zona III: San Cristovo
Zona III: Ortofoto
Zona IV: Ribadavia
Zona IV:
Ortofoto
Zona V:
San Paio, Stª Cristina
Zona V: Ortofoto

Arquivos de Google Earth:
Contrareloxo Laias-Cortiñas
Estradas abertas
Estradas/vías afectadas en algún punto
2ª etapa Ourense – Baiona

La Vuelta 2016 celebra dúas etapas polo Ribeiro: a primeira o día 20, que e a contra- reloxo por equipos, onde as estradas e rúas afectadas estarán cortadas ao tráfico en todo o tramo dende as 15:30h ata as 20:30h aproximadamente, e a segunda o día
21, con saída de Ourense ás 13:45 e paso aproximado polo Concello de Ribadavia a partires dás 14:15h onde o corte de estradas e rúas será mais corto e estará indicado pola Garda Civil de Tráfico. En todo caso, nesta segunda etapa irase normalizando o tráfico conforme pase o pelotón.
ETAPAS:
1ª Etapa – Sábado, 20 de agosto
Estradas e rúas afectadas(1) cortadas ao tráfico dende ás 15:30h
– Nacional 120– Laias, Razamonde, Trasariz, A Groba, Ás Chavolas, Ventosela, Valdepereira.
– OU-211 – San Andrés, Esposende, Pazos Hermos, O Coedo.
– OU-504 – Beade, San Cristovo, Ribadavia (rúas: Muñoz Calero, Carballiño, Ribeiro, Progreso, San Francisco, Hnos. Álvarez Araujo)
– OU-403 – San Paio , Santa Cristina.
– OU-402 – Santa Maria e Cortiñas en Castrelo de Miño.

2ª Etapa – Domíngo, 21 de agosto
Estradas e rúas afectadas(1)
– Nacional 120–Ourense, Barbantes, Laias, Razamonde, Trasariz, A Groba,
Ás Chavolas, Ventosela, Valdepereira.
– OU-211 – San Andrés, Esposende, Pazos Hermos, O Coedo.
– OU-504 – San Clodio, Leiro.
– OU-209 – Leiro, Bieite
– OU-504 – Beade, San Cristovo, Ribadavia (rúas: Muñoz Calero, Carballiño, Ribeiro, Progreso, S. Francisco, Samuel Eijan, A Foz)
– OU-0305 – A Foz , Arnoia
– OU-402 – Arnoia, Merens, San Benito.
– OU- 904 – Cortegada …..a Filgueira e subida a Cañiza ata Baiona
(1)Todas as indicadas e as que interseccionen con elas
Recomendacións:
– Facede a previsións oportunas para estes días e estes horarios (recordade que a contra-reloxo e longa no tempo)
– – Si tedes que viaxar deixade os coches fora dos garaxes. En rúas que non interseccionen coas afectadas polas etapas.
– – Especial atención aos animais domésticos. Poden producir accidentes graves. Os propietarios deben coidar, moi especialmente, que non poidan acceder ás vías por onde discorra a carreira.
– – As estradas secundarias, locais, pistas agrarias ou paseos fluviais, que dan saída en vehículo as estradas principais cortadas ao tráfico pola carreira, e posible que teñan mais afluencia de tráfico do normal, por iso pregase circular por elas con moita precaución e non facer uso do vehículo senón e absolutamente necesario durante a proba. Disfrutade de La Vuelta 2016.