Resumen de actividade de marzo e abril de 2018

publicado en: NOVAS | 0

Intervencións e operativos que se realizaron nos meses de abril (58) e maio (56)
No primeiro mes actuouse 3 accidentes de tráfico (2 con feridos) e 1 accidente laboral.
2 intervencións con animais soltos, feridos ou mortos
1 incendio en vehículo, 4 incendios forestais, 1 incendio eléctrico, e 1 incendio urbano.
7 intervencións por bolsas de auga, postes teléfonos, pancartas, terra ou pedras todas na vía pública por mor dos temporais de este mes.
1 escape de gas, e 3 aperturas de portas das que 2 eran con persoas maiores, que viven solas, caídas na casa.
2 apoios ao hellicóptero de urxencias sanitarias.
O resto foron operativos de protección civil que van dende a celebración da Feira do Viño, BTT, formación en diferentes cursos (DESA, Hidráulica…) e a participación na Xornada de Coordinación en Incendios Forestais orgaizada pola Xefatura Provincial de Emerxencias .
En maio actuouse en 5 accidentes de tráfico dós que un foi con resultado de morte dun operario, ademáis de compañeiro nas tarefas de mantemento da A-52, e cos que traballamos moitisimas veces nesa estrada. O noso mais sentido pésame a familia e compañeiros.
3 accidentes con feridos de diversa consideración, que esperamos se recuperen totalmente, e 1 sen feridos. 1 accidente laboral.
3 actuacións con animais soltos feridos ou mortos, e 3 con niños primarios de vespa velutina.
1 incendio urbano nun garxe
7 incendios forestais dós que 3 eran falsas alarmas (2 queimas autorizadas e feitas correctamente e 1 queima que acobou convertíndose en lume forestal ao día seguinte. ¡Moito ollo! )
1 búsqueda dun menor desaparecido con resultado positivo.
4 aperturas de portas por persoas en situación difícil con persoas maiores caídas na casa e que viven soas.
O resto son operativos de protección civil que incluien cursos de formación, apoio a Policía local, actividais deportivas (Balonman, Carrilanas) Mantemento semanal da Estación Metereolóxica da Aemet….

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *