O mes de outubro apórtanos un total de 86 intervencións, operativos e actividades da AVPC e do GES de Ribadavia.
Por tipo de intervención temos un total de 14 accidentes de estrada dos que 6 foron con feridos de diversa consideración e os restantes sen feridos. En total participamos en 8 intervencións con necesidade de asistencia sanitaria, incluíndo un accidente de caza, o apoio nun traslado urxente por unha afección grave, e a morte, aparentemente natural, dunha persoa no seu domicilio.
19 intervencións con animais soltos/feridos ou mortos incluídos 4 por enxames. Aproveitamos para informarvos que, na nosa zona, non levamos atopado ningunha colmea de vespa velutina (asiática) e que cruzamos os dedos. Todos los enxames examinados eran de vespa crabo (europea- carrizos dos de sempre) e que din os expertos, que son as únicas que frean as asiáticas.
1 incendio forestal, 1 urbano, 1 conato nun camión na A-52.
O temporal do día 5 tamén nos deixou 10 intervencións por caída de polas/árbores, bolsas de auga etc.
Os operativos, xa comentados nesta páxina, do simulacro do túnel do Folgoso, Xornadas Provinciais de PC nos Milagres, Noite Meiga, a entrega oficial dun vehículo de loxística e transporte por parte da Dirección Xeral de PC, o curso de soporte vital básico na AGASP por parte dos voluntarios, son os mais destacables deste mes.
#PCRibadavia #GESRibadavia #Prevención #Precaución #ProtecciónCivil