1 Xunta Local de Protección Civil

ALCALDE

SECRETARIO MUNICIPAL

1º TENIENTE DE ALCALDE

CONCELLEIRO DE PROTECCIÓN CIVIL

CONCELLEIRO PORTAVOZ DA OPOSICIÓN

XEFE DA POLICÍA LOCAL

ARQUITECTO XEFE OFICINA PERI

RESPONSABLE PROTECCIÓN CIVIL

COMANDANTE XEFE POSTO DA GARDA CIVIL

PRESIDENTA CRUZ VERMELLA DO RIBEIRO

XEFA SERVICIO DE SAÚDE DO PAC DE RIBADAVIA

XEFE DE SERVICIO DA XEFATURA PROVINCIAL DE PROTECCIÓN CIVIL

2 ESTRUCTURA ORGANIZATIVA DO PEMU DO CONCELLO DE RIBADAVIA:

3 Dirección do PEMU-Ribadavia

O Director do Plan é sempre o Alcalde Presidente deste Concello (Xefe Local de Protección Civil) ou persoa que o sustituia ou en que delegue.
O Director do Plan de Emerxencia Municipal do Concello de Ribadavia nestes intres é ó Alcalde

O suplente, por delegación, é a persoa co cargo de Concelleiro con competencias en Protección Civil

A instancias do Director do PEMU, poderase constituír, si se considera necesario en función da gravidade da emerxencia, un Comité de Dirección no que estará presente un representante de Administración Autónoma de Galicia.

4 Comité Asesor

É o órgano que asesorará e colaborará coa Dirección do Plan de Emerxencia Municipal.

Serán os membros da XUNTA LOCAL DE PROTECCIÓN CIVIL, indicados no apartado 3.1.3 do PEMU, ademais os resposables dos Grupos Operativos indicados no documento.

5 Gabinete de Información  

CIN: Centro de Información.

Dirixido por: Alcalde

Estará auxiliado por : Responsable da Oficiña de Turismo e asistido por p ersoal da Oficiña de Turismo e persoal administrativo do Concello.

O centro de información (CIN) é o lugar onde se recepciona e se difunde a información relacionada co suceso.

O CIN sitúase no CECOP correspondente, sendo o responsable o gabinete de información do PLATERGA, descrito no apartado 3.5.

As funcións do CIN son:

  • Recolle-la información, analizala e traduci-la noticia para os medios de comunicación.
  • Relación cos medios de comunicación.
  • Transmisión de información á poboación.

A información será recollida no CECOP polo persoal técnico do Servicio de Información é Formación da Dirección Xeral de Protección Civil.

O director do CIN, por orde do director do PLATERGA, transmitirálle-la noticia ós medios de comunicación e á poboación en xeral.

O director do CIN, por orde do director do PLATERGA, poderá decidi-los criterios referentes a qué documentación ou información é divulgable, cómo facelo e a qué medios distribuírlla.

6 CECOPAL

As emerxencias de Nivel 0 do concello de Ribadavia serán coordinadas e xestionadas dende o CECOPAL ( Centro de Coordinación Operativo Municipal ), contando este cos medios e recursos que se indican neste documento.
O CECOPAL constitúese desta forma, no centro onde se realiza o seguimento do incidente e dende o que a dirección do PEMU-Ribadavia da as ordes oportunas ós distintos mandos dos grupos de acción.
É, polo tanto, o centro receptor da información facilitada polo Posto de Mando Avanzado (PMA), centro de toma de decisións e coordinador dos diferente grupos de acción.

O CECOPAL do PEMU-Ribadavia asentase no: 42º17\\\’19” N 8º8\\\’30”O/UTM 570745-4682284

  • Rúa: Praza Maior
  • Nº 4
  • Edificio: Casa do Concello
  • Andar: Primeiro
  • Local propiedade de: Concello de Ribadavia

7 Posto de Mando Avanzado

No caso de consideralo necesario, o Director Técnico da Emerxencia, en coordinación co Director do PEMU, establecerá un Posto de Mando Avanzado (PMA), que actuará como prolongación do CECOPAL dende o que se coordinará e dirixirá as accións dos diferentes grupos de acción que interveñan na emerxencia.

Estará situado no lugar onde se produce a emerxencia ou punto máis preto dela.

DIRECCIÓN TÉCNICA DO POSTO DE MANDO AVANZADO (P.M.A.).

A dirección técnica do PMA será asumida polo Técnico do Concello con experiencia en protección civil.

A persoa designada é Técnico de Protección Civil do Concello de Ribadavia

Ó producirse unha situación de emerxencia, nun primeiro momento, a dirección do Posto de Mando Avanzado será asumida pola autoridade municipal que primeiro chegue ó lugar da emerxencia.

8 Grupos de acción:

Son os grupos encargados dos servicios operativos ordinarios na fase de emerxencia, que están deseñados para traballar coordinadamente baixo unha dirección única.

No PEMU-Ribadavia forman parte os grupos de acción indicados a continuación:

Grupo de Intervención.

* Grupo Sanitario.

Grupo de Transmisións.

Grupo de Seguridade.

Grupo Loxístico.

Grupo de Rehabilitación de Servicios Públicos.

8.1 Grupo de Intervención.

Este grupo executará as medidas de intervención necesarias para reducir e controla-los efectos da emerxencia, actuando naqueles puntos nos que se dan circunstancias que requiran unha acción inmediata.

O Xefe deste grupo será o Capataz de servicio do GRUMIR

E os membros que compoñen este grupo son:

OS COMPOÑENES DO GRUMIR DO CONCELLO DE RIBADAVIA

MEMBROS E COLABORADORES DA A.V.P.C. DO CONCELLO DE RIBADAVIA CON FORMACIÓN EN EMERXENCIAS.

8.2 Grupo Sanitário.  

O obxecto deste grupo é garanti-la actuación coordinada e eficaz de tódolos recursos sanitarios existentes no Concello ou que vindo de outros colaboren na Emerxencia.

O Xefe deste grupo será o Director do Centro de Saúde de Ribadavia

Ó suplente sera o médico de garda do P.A.C. do Concello de Ribadavia .

E os membros que compoñen este grupo son:

OS MÉDICOS DE P.A.C. DO CONCELLO DE RIBADAVIA

OS ATS/DUE DE ASISTENCIA PRIMARIA DO CONCELLO DE RIBADAVIA

OS/AS FARMACÉUTICOS/AS DO CONCELLO DE RIBADAVIA

CRUZ VERMELLA ASAMBLEA DO RIBEIRO

OS TRASLADOS SANITARIOS DE FERIDOS FARANSE COS MEDIOS DE TRANSPORTE DA FUNDACIÓN PÚBLICA O61 E CRUZ VERMELLA.

8.3 Grupo de Transmisións

A súa misión é proporcionar e garanti-la comunicación continua e ininterrompida en tempo real entre a Dirección do PEMU-Ribadavia e o resto dos grupos de acción, co obxecto de coñecer e dispoñer de información sobre a situación exacta da emerxencia, así como da súa evolución.

O Xefe deste grupo será o responsable de comunicacions e informático do Concello de Ribadavia.

O suplente deste grupo será o responsable de comunicacións da A.V.P.C. do Concello de Ribadavia

E os membros que compoñen este grupo son:

REMER

VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL E GRUMIR

RADIOAFICIONADOS

8.4 Grupo de Seguridade

Este grupo é o responsable de garanti-la seguridade cidadán e a orde nas situacións de emerxencia producidas como consecuencia dos riscos previstos no PEMU-Ribadavia. A composición, funcións e cometidos deste grupo atense a Lexislación vixente en materia Corpos e Forzas de Seguridade (CFS)

Ó Coordinador deste grupo será o responsable da Policía Local de Ribadavia

Ó suplente será o responsable de garda .

E os membros que compoñen este grupo son os pertencentes a:

POLICÍA LOCAL DE RIBADAVIA

GARDA CIVIL DE RIBADAVIA

8.5 Grupo Loxistíca.

A súa misión consiste na provisión de equipamento, abastecementos e materiais necesarios para os diferentes grupos de acción, así como todo o relacionado coa área loxística.

Ó Xefe deste grupo será o Concelleiro de Facenda do Concello de Ribadavia

A sustituta a Concelleira Asuntos Sociais do Concello de Ribadavia.

E os membros que compoñen este grupo son:

CONCELLEIRA DE ASUNTOS SOCIAIS DO CONCELLO DE RIBADAVIA

CONCELLEIRA DE CULTURA DO CONCELLO DE RIBADAVIA

TRABALLADORES SOCIAIS DO CONCELLO DE RIBADAVIA

PERSOAL E VOLUNTARIOS DA CRUZ VERMELLA DO RIBEIRO

PERSOAL DO SERVICIO DE DEPORTES DO CONCELLO DE RIBADAVIA

VOLUNTARIOS DA A.V.P.C. E GRUMIR DO CONCELLO DE RIBADAVIA

PERSOAL DO SERVICIO DE COMEDOR DO CPI TOMAS DE LEMOS

8.6 Grupo de Rehabilitación de Servicios Públicos .

A súa misión consiste na rehabilitación dos servicios públicos esenciais, nun mínimo período de tempo, buscando ata a súa rehabilitación, solucións alternativas.

Ó Xefe deste grupo será ó Concelleiro de Servicios do Concello de Ribadavia

A suplente sera Arquitecto xefe da oficiña do PERI

E os membros que compoñen este grupo son:

BRIGADA DE OBRAS DO CONCELLO DE RIBADAVIA

SERVICIO DE ELECTRICIDADE DO CONCELLO DE RIBADAVIA

BRIGADA DE LIMPEZA DO CONCELLO DE RIBADAVIA

AQUALIA (SUMINISTRO DE AUGA)