Resumen de actividade de xuño e xullo de 2018

publicado en: NOVAS | 0

O resumen de actividade de xuño e xullo déixanos un total de 60 intervención en xuño  das que 6 son accidentes de tráfico con feridos e 1 accidente laboral. 3 chamadas por incendios forestais dás que 1 era falsa alarma e 1 incendio de tipo eléctrico.
1 búsqueda de persoa desaparecida con resultado positivo, 3 accesos a vivendas por persoas caídas na casa e 2 aperturas de portas.De enxames e vespas tivemos 12 chamadas dás que solo 4 eran velutinas, o resto abellas que forman novos niños (so se retiran, coa colaboración de apicultores, aqueles que están en lugares de pública concorrencia) o resto foron operativos para cubrir eventos, carreiras ciclistas etc.

En xullo un total de 90 servizos dos que 3 foron accidentes de tráfico con feridos e 4 sen feridos. 5 incidencias en estradas ou vías públicas.2 apoios ao helicóptero de urxencias sanitarias. 3 Accesos a vivendas por persoas impedidas caídas na casa e o rescate dunha persoa afogada. Nos operativos a Mostra Internacional de Teatro foron os mais numerosos e importantes.
A destacar as 54 intervencións que se tiveron por chamadas por Vespas Velutinas das que 32, os niños foron eliminados, 5 neutralizados (son aqueles niños aos que non temos acceso para retiralos peros si para inocularlles o insecticida e quedan marcados cunha N en verde fluorescente, 3 non procedía actuación, 5 non eran velutinas, e 6 replicados (son os niños dos que chama mais de unha persoa).
3 están pendentes de eliminar.