Resumen de actividade de agosto e setembro de 2018

publicado en: NOVAS | 0

Pasamos a informarvos das intervencións,  operativos e actividades dós meses de agosto e setembro de 2018.

En agosto intervimos en 2 accidentes de tráfico sen feridos, 1 incendio de vehículo e unha falsa alarma de incendio forestal, 5 intervencións por restos nas estradas ou vía pública, 2 apoios ao helicóptero de emerxencias. 5 intervencións con animais soltos, feridos ou mortos, 3 aperturas de portas/ascensores e 21 operativos de Protección civil nas que a maioría tiveron que ver con actividades relacionadas coa Festa da Istoria.
Finalmente informarvos dos 93 avisos por Vespa Velutina neste mes dos que 40 niños foron eliminados, 20 neutralizados, 4 era imposible de actuar para os nosos medios, 18 non procedía a actuación (por ser niños inactivos etc.) ou non eran velutinas, 1 pendente de actuar e 11 replicados (niños con mais de unha chamada de alertantes). ¡¡¡Xa case non facemos outra cousa que  andar as Vespas!!!

En setembro  4 accidentes de tráfico con feridos de diversa consideración: (1 con excarceración) 6 accidentes sen feridos e 1 accidente laboral. 5 intervencións con animais soltos/feridos ou mortos, 5 incidencias en estradas por árbores, postes, sinais, cables ou verquidos. 1 incendio forestal  e 5 chamadas por incendio en vehículos dos que 3 eran avarías mecánicas e 2 vehículo ardendo.2 dous apoios ao helicóptero de urxencias sanitarias, 2 aperturas de portas/ascensores e 2 por prevención de riscos (valados en mal estado) 19 operativos de protección civil e 66 avisos por Vespa Velutina dós que 18 foron eliminados, 15 neutralizados, 18 non procedía actuación, 5 non eran velutinas, 6 imposible actuar para os nosos medios, 2 pendentes e 2 replicados. Un total de 117 intervencións ou servizos neste mes.