No mes de outubro foron un total de 118 servizos ou operativos.
11 accidentes de tráfico dos que 6 foron con feridos dós que desexamos estean recuperados
2 incendios urbanos, 1 incendio forestal, 1 incendio en vehículo e 2 falsas alarmas. 8 actuacións con animais soltos, feridos ou mortos e 61 avisos por velutinas. 9 incidencias na vía publica ou estradas por árbores, terra/pedras, combustibles, cables etc. 12 operativos de protección civil, 2 apoios sanitarios ao 061 e 6 aperturas de portas ou ascensores .
En novembro un total de 87 servizos ou operativos. 9 accidentes de tráfico dós que 6 foron con feridos e 3 sen feridos, 1 accidente doméstico con resultado de falecemento dunha persoa por inhalación de sustancia tóxica nunha adega particular. 1 incendio nunha locomotora. 5 actuacións con animais soltos, feridos ou mortos, e 30 avisos por vespas velutinas.14 incidencias en estradas ou vías públicas por bolsas de auga, polas, árbores, terra, cables,socavóns ou verquidos, 5 por riscos derivados dós temporais; valados, cables, sumidoiros, derrubes.
4 apoios sanitarios ao 061 e 3 aperturas de portas; unha delas con persoa maior ferida no seu interior.