Resumen de actividade de marzo e abril de 2021

publicado en: NOVAS | 0

Pasamos a informarvos dos servizos e operativos dós meses de marzo, 156, e abril,93 de 2021

Meses en que, para o que e habitual na nosa zona de cobertura, tivemos pouca actividade en intervencións (cousa boa) con 2 accidentes con feridos de pouca consideración, que esperamos estean totalmente recuperados, 6 accidentes sen feridos, e 1 accidente laboral.

1 incendio en vehículo,  4 incendios forestais (a maioría queimas descontroladas)1 incendio en material eléctrico e 2 incendios urbanos ( 1 deles producido por unha queima agrícola descontrolada) 3 falsas alarmas de lume en coches e incendio industrial. 3 servizos de aperturas de portas/ascensores, 2 apoios sanitarios ó helicóptero de urxencias sanitarias. 21 intervencións con animais soltos/ feridos ou mortos, e 1 enxamio de abellas. 3 incidencias en estradas ou vía pública
En servizos a destacar a colaboración da campaña de vacinación dós maiores de 80 anos da comarca do Ribeiro con 16 servizos, imposibles de facer se non fora pola axuda dós voluntarios de Protección Civil. Tamén destacamos a campaña de trampeo, para raíñas das vespas velutinas, dende o 1 de marzo, e que ata o 23 de abril se levaban capturadas 1500 vespas nun total de 60 trampas dás que temos control (non todas raíñas, xa que en marzo quitamos 2 niños primarios coas primeiras obreiras, e en abril outros 2) Dicir que ofrecemos axuda ós concellos limítrofes para trampear conxuntamente colaborando directamente con Arnoia, Melón, e Carballeda entregando as primeiras trampas e o primeiro atraente. A finais de maio deixaremos o trampeo masivo e solo o faremos nos puntos controlados por nós, ou por veciños con experiencia para evitar que caigan nas trampas o resto de polinizadoras. Retomaremos a campaña no outono. O resto de operativos son de apoio as brigadas municipais (baldeos etc) e aínda que as desinfeccións externas, e os servizos os afectados polo Covid, reduxéronse moitísimo, seguen a manterse nos puntos críticos como Ambulatorios/PAC de Ribadavia, Melón e Leiro, así como nas súas residencias de maiores. Tan pronto como avancen as vacinacións, e se reciban as instrucións pertinentes, remataremos por fin con esta tarefa.
#Precaución #Prevención #GESRibadavia #PCRibadavia #ProtecciónCivil