Campaña de prevención de lumes no fogar 2021

publicado en: NOVAS | 0
Seguimos imitando as campañas que se fan polo mundo adiante para prever os incendios nos fogares.
Vai chegando a época do frío, e xa temos que ter a punto a chemineas, calefaccións , e ter coidado coas cociñas, extractores, quentadores eléctricos , enchufes sobrecargados, pitillos… (xeralmente, os lumes, escomezan neste puntos, e si non se detectan a tempo, chegan a estenderse a toda a vivenda).
Estas campañas fanse coincidir cos cambios de horario de verán e de inverno para adquirir a rutina de protexer os fogares.
A instalacións duns simples detectores de fume, e monóxido de carbono, son fundamentais. Pódense comprar en calquer ferretería do noso pobo, e si non, consíguenolas facilmente. O día do cambio de hora e o día de cambiar a pila e testealo. Moi fácil.
Recordamos ahora as recomendacións destas campañas:
Prevención no fogar: Estufas e chemineas a leña.
As estufas e chemineas a leña estanse a transformar nunha fonte de calor común nos fogares.
Poñer atención á seguridade pode minimizar o risco de incendios destas.
Para un uso seguro:
. Asegúrese de que a cheminea ou estufa estea instalada correctamente. As estufas a leña deben ter unha separación suficiente (90 cm) das superficies combustibles, e apoio e protección adecuados no chan. (As chemineas ¡¡tamén!! aínda que estén feitas de material aislante)
. As estufas a leña deben ser de boa calidade, e construción e deseño sólidos. Compre estufas a leña que fosen avaliadas por normas europeas
. ¡¡Limpar a cheminea, alo menos, unha vez ó ano!! Hai limpadores telescópicos asequibles, para toda a vida, e tamén se poden conseguir nas ferreterías dos nosos pobos.
Si vostede non pode, faga revisar e limpar a cheminea cada ano, tamén se non se usou por algún tempo.
. Coloque unha pantalla de vidro ou metal fronte á abertura da cheminea para evitar que saian brazas ou faíscas, ou que entren obxectos non desexados á cheminea, e axudar a previr a posibilidade de queimaduras dos que viven alí.
. A estufa debe facerse funcionar a alta temperatura dúas veces ao día por 15 a 30 minutos para reducir a acumulación de creosota (feluxe).
. Non use cantidades excesivas de papel para facer un lume inmenso na cheminea. Se o fai, podería prenderse lume a creosota na cheminea.
. Xamais queime carbón dentro da casa. Isto pode producir cantidades letais de monóxido de carbono.
. Manteña os obxectos combustibles afastados da repisa da cheminea. Unha faísca da cheminea podería prender lume rapidamente a eses obxectos.
. Antes de ir a durmir, asegúrese de que o lume da cheminea estea apagado. XAMAIS peche o tiro se hai cinzas quentes na cheminea. O tiro pechado axudará a que o lume se acenda novamente e fará que entre monóxido de carbono na casa.
Se se usan paus sintéticos, siga as instrucións do paquete. NUNCA rompa un pau sintético para acelerar o lume ou use máis dun pau á vez. En xeral quéimanse en forma desparella, eliminando concentracións máis altas de monóxido de carbono.
Quédanvos uns pictogramas con indicacións para normas de seguridade cos aparellos eléctricos e uns enlaces a unhas páxinas moi interesantes…