Imos a informarvos dos servizos e operativos dos meses de setembro, 79, e outubro, 81, de 2021
3 accidente de tráfico ( 1 con feridos dós que esperemos que se recuperarán satisfactoriamente). 2 falsas alarmas de incendios en vehículos ( que sempre nos obrigan a saír a autovía e comprobalo…pero mellor e que sexa así: falsas alarmas. Son avarías mecánicas)1 Incendio forestal. 2 intervencións por prevención de riscos, e 3 por por apertura de portas por persoas ou que ou non contestan, ou están caídas nas súas casas. 7 intervencións con animais soltos, feridos ou mortos ( 1 unha rescate dun can caído nunha especie de pozo antigo en Padrenda. Sabe dios canto levaba alí, esgotado. Alguén, paseando os seus cans escoitouno e fixo a chamada. Según o grupo que interveu, nin quería auga nin comida, apareceu o dono, levantouse, e alá se foi con el como si nada). 22 eliminación de niños de velutinas, 2 retiradas de niños de abellas común, e mantemento das trampas de velutinas
4 retiradas de árbores ou polas. 8 intervencións por combustibles, verquidos , restos de accidentes, tellados, edificacións na vía pública.
24 operativos de pc entre atención a actividades culturais, e desinfeccións de espazos relacionados coas festas do Portal. As patronais
Outubro
5 accidentes de tráfico (3 con feridos e 2 sen feridos)
1 accidente laboral ( a todos los feridos desexámoslle que estean totalmente recuperados)
1 Incendio en colector de resíduos, 1 control queima non autorizada, 1 incendio urbano
17 animais soltos na vía publica, feridos ou mortos (10 cans, 3 gatos, ovellas, 2 xabarín, 1 garza)
18 eliminación niños velutinas, 4 mantemento trampas velutinas.
9 incidencias en estradas por polas, árbores, terra, pedras etc. 3 revisións de sumidoiros, un traballo permanente na época da caída da folla, 1 anegamento en vivenda, 1 apoio ó helicóptero de emerxencias, 1 búsqueda de persoa desaparecida, 1 apertura de porta con persoa dentro, e 1 persoa cun brazo atrapado nun tubaxe.
15 operativos de pc nos que destacan a colaboración co Sergas na campaña de vacinacións dos nosos maiores, e na que contamos coa axuda inestimable dos nosos voluntarios de pc. Como sempre, grazas.