Resumen de actividade de marzo, abril e maio de 2022

publicado en: NOVAS | 0

Imos a informarvos dos servizos e operativos dos meses de marzo, abril, e maio de 2022
En marzo, 46 servizos e intervencións.
1 accidente con feridos, 4 sen feridos, 4 animais soltos feridos ou mortos, 7 intervención con velutinas que inclúe a revisión e mantemento dás trampas municipais. 4 incidencias na vía pública con árbores polas, 2 Incendios forestais. , 1 incendio de rodas , 2 aperturas de portas por persoas caídas na casa, 2 asistencias/apoios ó helicóptero de urxencias sanitarias, 1 atención a persoa desorientada, 1 previsión de risco revisión de arquetas. 17 operativos de protección civil con baldeos de fontes, e parques infantís. Apoio en regulación do tráfico do enterro da Sardiña, e colaborar en transporte alimentos a persoas de acollida etc

En abril, 80 servizos e intervencións.
2 accidentes con feridos. 2 sen feridos e 1 laboral. 5 animais soltos feridos ou mortos, 3 velutinas que inclúe a revisión e mantemento dás trampas municipais, 1 recollida dun enxamio, 4 incidencias por verquidos na vía pública, 1 incendio camión, 4 incendios forestais, 1 papeleiras queimadas, 2 incendios urbanos, 2 rescates urbanos de persoas nas vivendas, 1 apertura de porta a persoa con dificultades de mobilidade, 1 colaboración coa G. Civil por morte xudicial, 2 colaboracións sanitarias co 061, 1 anegamentos. 47 operativos de protección civil: baldeos de rúas. Apoio a organización da Feira do viño do Ribiero. Colaborar en transporte de alimentos, e documentacións, a persoas de acollida. Curso de desfibrilación semiautomática.

En maio, 79 servizos e intervencións.
1 accidente de tráfico con persoa atrapada, 2 accidentes con feridos; a todos desexamos unha pronta recuperación. 4 sen feridos. 4 animais soltos feridos ou mortos. 2 retiradas de enxámios. 8 actuacións con velutinas, que inclúen a revisión e mantemento dás trampas municipais dás que, durante este mes fumos retirando aquelas que cazaban outros insectos e polinizadoras. Un total de 1200 velutinas nestes 5 meses no que deixamos activas 20 trampas baixo o noso control.
4 incidencias en estradas por verquido/ obstáculos, 3 incendios urbanos, 1 forestal (queima mal apagada) 1 incendio de vehículo, 1 conato de lume en Leiro, 2 apertura de portas por persoas caídas na casa. 1 búsqueda de persoa desaparecida que faleceu afogada accidentalmente. 1 apoio a helicóptero de urxencias sanitarias, 1 xornada escolar de educación vial, e 39 operativos protección civil que van dende o apoio a organización da Feira do viño do Ribeiro, descenso de carrilanas de Ribadavia, baldeos de rúas. Colaborar en transporte de alimentos a persoas de acollida.
#GESRibadavia #ProtecciónCivil #Prevención #Autoprotección