Non sen tempo imos a informarvos da actividade dós meses de xuño, xullo e agosto nós que suman 452 servizos e intervencións rexistradas no CIAE112 Galicia
En xuño 119 servizos, intervencións e operativos.
2 accidentes con 4 feridos. 1 sen feridos. 12 intervencións con animais soltos, feridos ou mortos. 13 niños velutina de risco eliminados.
10 incidencias en estradas por polas, arbores, postes, restos de accideantes etc.
2 incendios en coches/camións.
3 falsas alarmas por lumes forestais, e por unha gasolineira.
1 incendio de colectores de lixo, e 1 residuos en unha canteira. 2 incendios urbanos.
4 intervencións por prevención de riscos: limpeza de sumidoiros/ farola danada/ estradas.
2 simulacros: Proba de sirena dós Plans de Emerxencia de Presas, e activación do nivel 2 de incendios forestais en Avión.
3 aperturas de portas por persoas que non responden, una delas, lamentablemente, falecida. 1 persoa precipitada, e ferida, nas pozas do Tourón. 2 apoios o helicóptero de urxencias médicas
59 operativos de PC: baldeos rúas, parques infantís, rego plantas, colocación de bandos informativos, corte de acacias, procura de alimentos para persoas en acollida, e asilo ( esto si o fan algunhas veces os nosos voluntarios de PC). Mantemento estación meteorolóxica…etc
En xullo 166 servizos, intervencións e operativos.
6 accidentes con feridos, (1 con excarceración, e 1, por desgracia, falecido) 1 sen feridos
9 intervencións con animais soltos, feridos ou mortos. 36 niños velutina de risco eliminados
5 incidencias en estradas por polas, arbores, restos de accidentes
3 incendios en vehículos – 1 falsa alarma.
14 intervencións por incendios forestais ( e refresco de zonas quentes afectadas) 2 falsas alarmas, en estes casos os usuarios da A52 ver saír fume na zona xa queimada de Vilaverde, da avisos que temos que comprobar non se den cerca da zona sen queimar. O suelo nas acacias fumegan 10 días ou mais (según as condicións meteorolóxicas)
3 outros incendios (colectores de lixo – finca – vagón de tren de mercadorías). 2 incendios urbanos
3 aperturas de portas por persoas caídas ou non responden na súa vivenda,
1 apoios o helicóptero de urxencias médicas.
80 operativos de PC: : Mostra internacional de teatro, baldeos de rúas e espazos da Mostra, parques infantís, rego plantas, colocación de bandos informativos, cortar acacias, alimentos para persoas en acollida de Ucrania, e asilo. Mantemento estación meteorolóxica, quitar herbas da muralla do Castelo, vixilancia zona piscina…etc
En agosto 167 servizos, intervencións e operativos.
4 accidentes con 5 persoas feridas, e 1 sen feridos
6 intervencións con animais soltos, feridos ou mortos . 27 niños velutina de risco eliminados
4 incidencias en estradas por polas, arbores, restos de accidentes
2 incendios en vehículos.
4 incendios forestais (1 nivel 2 no Carballiño)
28 vixilancias do perímetro dós incendios forestais da nosa zona a solicitude do Distrito Forestal XI.
1 incendio urbano.
5 Apoios a urxencias sanitarias
33 servizos de abastecemento de auga por activación do Plan de Emerxencias Municipal no seu Nivel 0 – Nivel municipal -Basicamente abastecemento constante da ETAP, a través de cisternas cargadas no Avia. Facilitar auga embotellada e a persoas con mobilidade reducida, persoas maiores. Recheo de depósitos de auga, instalados nas rúas, para tarefas domésticas. Dar as grazas especiais ós nosos voluntarios que se sumaron desinteresadamente, como sempre que os necesitamos. Grazas. Coas bombas instaladas no río tamén se deu servizo de auga a nodriza da Axega que suministraba ás autobombas que traballarón nos lumes de Cuñas e Santa Marta.
5 aperturas por persoas caídas na casa,ou non contestan.
1 Rescate persoa ferida nas pozas do Tourón
50 operativos de PC : Actividades, e montaxe/desmontaxe Festa da Istoria , baldeos, rego plantas, alimentos para persoas en acollida, e asilo. Mantemento estación meteorolóxica.
#GESRibadavia #ProtecciónCivil #Prevención #Autoprotección