Informamos da actividade realizada polo Servizo de Emerxencias (GES e Protección Civil) do Concello Ribadavia nos meses de maio e xuño de 2024.
En maio 61 intervencións, operativos e servizos
— 10 accidente s de tráfico: 3 sen feridos, 7 con feridos, un deles con excarceración que esperamos estean totalmente recuperados.
— 6 intervencións con animais soltos/feridos ou mortos.
— 5 servizos con velutinas (retiradas de niños 4, e 1 trampeo)
— 7 intervencións por incidencias en estradas e vías públicas, por caída de árbores/polas/verteduras/desprendementos-arrastres/restos de accidentes.
— 6 incendios: 1 urbano (falsa alarma), 2 forestais (un deles falsa alarma por queima autorizada), 3 en vehículos.
— 3 apoios o helicóptero de urxencias médicas.
— 3 aperturas de portas/ascensores por persoas que non responden ou caídas no domicilio que non contestan.
— 1 Persoa en situación difícil por caída dun kayak no encoro de Castrelo
— 22 operativos de Protección Civil que abarcan dende o dispositivo pola Feira do Viño, xuntanza escolar, simulacro, baldeos, Volta ciclista etc.
*9 persoas feridas no mes de marzo.
En en xuño 66 intervencións, operativos e servizos
— 6 accidentes de tráfico: 1 sen feridos, 5 con feridos (1 deles con excarceración), que esperamos estean totalmente recuperados.
— 2 accidentes laborais.
— 9 intervencións con animais soltos/feridos ou mortos.
— 6 servizos con velutinas (1 trampeo)
— 8 intervencións por incidencias en estradas e vías públicas, por caída de árbores/polas/verteduras/desprendementos-arrastres.
— 8 incendios: 2 urbanos (1 falsa alarma) , 3 en vehículos, e 2 forestais (1 falsa alarma) 1 incendio eléctrico.
— 2 servizo por Prevención de riscos (cheiro a gas).
— 2 apoios o helicóptero de urxencias médicas. 1 atención a un pasaxeiro de autobús que circulaba pola A52
— Búsqueda de persoa desaparecida, atopada en bo estado de saúde.
— 4 apertura de portas por persoas caídas nas vivendas. ( 1 delas falecida)
— 1 Rescate de gato nun tellado.
— 28 operativos de Protección Civil que abarcan dende actividades deportivas – culturais, baldeos etc.
*9 persoas feridas no mes de abril. * 1 persoa falecida.
#GESRibadavia #ProtecciónCivil #Prevención #Precaución