Neste apartado iremos subindo, soamente, a cartografía dós diferentes PLANS de Actuación Municipal (PAM) os que está suxeito o Concello de Ribadavia.
Os Plans completos os atoparedes na páxina de INICIO no enlace do fondo da páxina PLANS DE EMERXENCIAS.
Na primeira cartografía que atopades, a do PAM polo Risco de Inundacións do Concello de Ribadavia, ademais das láminas de Inundacións das cotas de retorno dós 10 – 100 e 500 anos, facilitadas pola CHMS, tamén atoparedes as manchas de inundacións do ano 1979 e ano 2000, ademais da proxección aproximada dunha enchente, do río Miño, rexistrada en Francelos do ano 1909. (As fotos, ademáis do Museo Etnolóxico, cedéronnolas veciños, así como enxeñarnos a marca de Francelos, por iso si tedes algunha foto interesante para este Plan estariamos moi agradecidos. Estas fotos foron pasadas a plano, coa cota que se ve en elas, e enviadas a CHMS para o seu estudio e cartografialas)
Incluído no Plan de Actuación Municipal (PAM) polo Risco de Inundacións están outros dous PAMs: O Plan de Emerxencia de Presa (PEP) de Albarellos, e o de Castrelo.
Na simboloxía de estes PLANs aparecen os termos A1 H1, H2,e pode que H3.
A1 (situación de rotura intempestiva e consecutiva das comportas do encoro sen avenida, estando o encoro no seu máximo nivel normal (NMN)).
H1 (situación de rotura da presa sen inundación, estando a presa no seu máximo nivel normal )
H2 (situación de rotura do encoro por enchente, e atopándose o encoro no seu nivel de coroación)
H3 (rotura encadeada) das presas situadas augas abaixo pola falla da presa de Belesar)