Proba de sirenas dos Plans de Emerxencias de Presas (PEP) de Albarellos e Castrelo

publicado en: NOVAS | 0

AVISO Á POBOACIÓN
📅 Martes 17 de xuño pola mañá
🚨 Proba de sirenas dos Plans de Emerxencia de Presas (PEP) de Albarellos e Castrelo

O vindeiro martes 17 realizarase a proba anual das sirenas das presas de Albarellos e Castrelo de Miño. Soarán os sistemas de aviso en varias zonas do Concello de Ribadavia para comprobar o seu funcionamento e que a poboación saiba recoñecer o sinal de evacuación 🚨

📍 Zonas onde se escoitarán as sirenas:
Santa Cristina, Francelos, A Foz, Prexigueiro, Ribadavia, A Quinza, San Cristovo
👉 Tamén poderán escoitarse en Valdepereira, San Paio, Ventosela, A Franqueirán e Sanín, ue aínda que os seus núcleos non están afectados por estes Plans si deberan recoñecer este sinal acústica.

NON hai que facer nada ao escoitalas. É só unha proba. A actividade diaria pode continuar con normalidade.

ℹ️ Máis información e plans completos aquí:
🔗 PAM pola rotura da presa de Albarellos
🔗 PAM pola rotura da presa de Castrelo

📊 Versións gráficas e resumidas dos plans:
🔸 Plan Albarellos visual
🔸 Plan Castrelo visual
#GESRibadavia #ProtecciónCivil #Prevención