ALERTA DA DXEI DUN EPISODIO DE FENÓMENOS METEOROLÓXICOS ADVERSOS PARA GALICIA. TIPOLOXÍA: CHOIVA. NIVEL DE ALERTA: LARANXA

publicado en: NOVAS | 0

A espera do análise da situación polos técnicos da CHMS, imos adiantándovos os avisos e alertas* que temos.
Xa estamos en Nivel de activación tanto no Avia como no Miño, e as previsións e que, a choiva. se manteña todo o fin de semana (a lo menos)
Si vos fixades a nosa zona está en verde nos avisos da AEMET  (fora de que se van actualizando cada 6h) pero recordade que o Miño e o Sil recollen a auga caída ao longo de moitos quilómetros.
Para estes días, o mais preocupante será a situación do Miño, e dicir na nosa zona, dende a Foz e a Estrada de Arnoia, OU-0305, ata a Barca e fondales de Francelos.
Xa sabedes moita #Precaución e respetade a sinalizacións que xa están colocadas.
*A diferencia entre avisos e alertas meteorolóxicas, e que os primeiros os da a AEMET, ó prever que se sobrepasaran certos umbrales meteorolóxicos establecidos, e os segundos, e en base a eses avisos, os decreta Protección Civil, no noso caso a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, en base ao Risco para a poboación