ALERTAS DA DXEI DE VARIOS FENÓMENOS METEREOLÓXICOS ADVERSOS 13/2/2016

publicado en: NOVAS | 0

Imos a actualizarvos a información sobre as enchentes dos ríos e as #Alertas declaradas hoxe.

Temos unha preocupación moi seria de que Albarellos poida chegar a laminar nestas circunstancias do #Miño. A última medición dinos que está en 252,80 e xa sabedes que lamina aos 258,16msnm.
As medidas de #Protección tómanse antes de que poidan suceder os eventos.
Os propietarios das vivendas e Edificios de A Quinza , San Cristovo, rúa Veronza, rúa Ribeiro, Muñoz Calero (no Maquians) dentro da zona de inundación, deben estar moi atentos a evolución de hoxe, e días posteriores. A zona está en Nivel de Alerta por avenidas. Estamos en contacto permanente cos técnicos da Confederación e cos da empresa de explotación, e nos modifican a información permanentemente que nos dí que nunhas 20 horas pode comezar a verter. Iremos actualizando a información conforme a teñamos.

O #Miño non vai deixar de verter con estes (2600m3/s esta mañá) e incluso superiores cando # comece a verter (está a 4m do verquido). Moito coidado coa zona da Foz, A Barca, e os usuarios da estrada de Arnoia, a zona sigue en Nivel de Alerta por avenidas.

Ademais de Nivel de Alerta: Alerta por Inundacións
Alerta Laranxa por vento en toda a Comunidade
Alerta Laranxa por costeiros.
Alerta Laranxa nevaradas a partir dos 500m