XL Volta Ciclista ao Ribeiro. Xuño 2016

publicado en: EVENTOS, NOVAS | 0

Este sábado 15 voluntarios de Protección Civil de Ribadavia colaboraremos coa XL Volta Ciclista ao Ribeiro. Deixámosvos os horarios e as estradas afectadas polo percorrido. (en vermello os horarios estimados do percorrido ao seu paso polo Concello de Ribadavia). Facede as previsións oportunas si tedes que circular polas estradas indicadas, e paciencia.
Os tramos de corte da circulación e puntual solen ser rápidos.
A bandeira vermella, ou as indicacións dos axentes da GC de Tráfico, indican o corte total da vía, e a bandeira verde, ou as indicacións dos axentes, indican o final dos ciclistas que seguen na proba. Isto non quere dicir que non nos poidamos atopar mais ciclistas que circulen fora da proba e deberan circular coas normas xerais de circulación, pero…precaución.
Horarios para o sábado, 18 de xuño: Saída ás 17:00h e chegada ás 19:36h

Mais información: pulsar aquí