A 23 días de comezar “ La Vuelta”, imos a darvos información de interese para os veciños, usuarios e público en xeral.
Polo Ribeiro pasan dúas etapas: a primeira o día 20, que e a contra-reloxo, onde as estradas e rúas afectadas estarán cortadas ao tráfico en todo o tramo dende as 15:30h ata as 20:30h aproximadamente, e a segunda o 21. Etapa con saída en Ourense ás 13:45 e paso aproximado polo Concello de Ribadavia a partires dás 14:15h onde o corte de estradas ou rúas, e mais corto e está indicado pola Garda Civil de Tráfico. En todo caso nesta segunda etapa irase normalizando o tráfico conforme pase o pelotón.
Recomendacións:
– Facede a previsións oportunas para estes días e estes horarios (recordade que a contra-reloxo e longa no tempo)
– Si tedes que viaxar deixade os coches fora dos garaxes. En rúas que non interseccionen coas afectadas polas etapas.
– Especial atención aos animais domésticos. Poden producir accidentes graves. Os propietarios deben coidar, moi especialmente, que non poidan acceder ás vías por onde discorra a carreira.
Deixámosvos os recorridos e o cronograma facilitado pola organización e pola así como os arquivos de Google Earth para
1ª Etapa – Sábado, 20 de agosto
Estradas e rúas afectadas*
Nacional 120– Laias, Razamonde, Trasariz, A Groba, Ás Chavolas, Ventosela, Valdepereira.
OU-211 – San Andrés, Esposende, Pazos Hermos, O Coedo.
OU-504 – Beade, San Cristovo, Ribadavia (rúas: Muñoz Calero, Carballiño, Ribeiro, Progreso, San Francisco, Hnos. Álvarez Araujo)
OU-403 – San Paio , Santa Cristina.
OU-402 – Santa Maria e Cortiñas en Castrelo de Miño.
2ª Etapa – Domíngo, 21 de agosto
Estradas e rúas afectadas*
Nacional 120– Ourense, Barbantes, Laias, Razamonde, Trasariz, A Groba, Ás Chavolas, Ventosela, Valdepereira.
OU-211 – San Andrés, Esposende, Pazos Hermos, O Coedo.
OU-504 – San Clodio, Leiro.
OU-209 – Leiro, Bieite
OU-504 – Beade, San Cristovo, Ribadavia (rúas: Muñoz Calero, Carballiño, Ribeiro, Progreso, San Francisco, Samuel Eijan, A Foz)
OU-0305 – A Foz , Arnoia
OU-402 – Arnoia, Merens, San Benito.
OU- 904 – Cortegada …..
a Filgueira e subida a Cañiza ata Baiona
*(¡¡Todas as indicadas e as que interseccionen con elas!!)
– Mais información
– Descarga Contra-reloxo
– Descarga 2ª etapa