Escomeza neste mes de setembro, e ata decembro, a campaña de outono para trampeo dás raíñas, do vindeiro ano, da Vespa velutina. O GES leva o mantemento directo de espazos públicos: CRA. San Paio, CRA. Francelos, CRA. S. Cristovo, C.Futbol S.Cristovo, Quinza Área, Veronza vella 1, Veronza Nova 2, Alameda 1, Xardinillos 1, Stª Cristina Capela, Área de Valboa, Parque Francelos, Balneario Prexigueiro, Parque Robla, Fondales Francelos 2, Cuartel G. Civil , Pavillón Consello, Punto Limpo, Autocaravanas, CEIP Plurilingue e IES Ribeiro FP. Ademais levamos o seguimento, e damos apoio, a un total de 55 trampas en todo o concello de Ribadavia, colaborando tamén co Concello de Arnoia, Melón, e Carballeda de Avia. A ter en conta que no Ribeiro, ademais, temos apicultores, e particulares que xa teñen experiencia, e trampean pola súa conta. Recordade: para cada litro de auga, 400gr. de azucre, 10gr. de levadura de panadería. #stopvelutina#GESRibadavia#ProtecciónCivil#Prevención#Autoprotección |