Seguimos coa campaña de trampeo de velutinas, na última reposición do atraiente (15 días aproximadamente) retiráronse 525 vespas das 60 trampas das que temos control en todo o concello.
Estamos nun momento de moita actividade das raiñas novas. Si vos animades a trampear, o atraiente e moi fácil de facer: para ½ litro de auga, 200 gramos de azúcar, e 5 gramos de levadura de panadería. Facede a mezcla o día anterior e colocade as trampas onde frutais ou prantas con flor, e a pleno sol.
Estas trampas retiraranse o 1 de xuño, e gardaranse ata o outono.
Si queredes colaborar nesta campaña, e o necesitades, vos podemos facilitar as trampas.
#stopvelutina #GESRibadavia #ProtecciónCivil #Prevención #Autoprotección