Xa esta aquí a Festa da Istoria 2016. Este ano estreamos unha App da Coordinadora que podedes baixar de Play store “Festa da Istoria” Balidea, con toda a información da Festa.
O calendario de actividais o tedes completo aquí tamén http://ribadaviaturismo.weebly.com/calendario/28-edicion-festa-da-istoria-2016
Tamén vos deixamos a liñas de autobuses e aparcamentos para que teñades a información gráfica.
Outra gran idea posta en marcha pola Coordinadora da Historia e poñer puntos de WIFI abertas en Ribadavia para que todos poidades consultar a APP da Istoria.
Grazas a varios establecementos e veciños da vila:
-Café-Bar Morto-Rúa Progreso-Bar Meu-Rúa Progreso-Cafetería Dessert-Alameda
-Ribeiro e Xamón-Praza Maior-Vinoteca-Praza Maior-Restaurante Praza-Praza Maior
-Café-Pub Aljama-Rúa Trasmesones -Cafetería Rectoral-Praza Maior
-Sede Coordinadora Festa da Istoria-Rúa Escobetes-Concello Banco Alhóndiga-Praza Maior
-Autoescola Yoli-Praza San Martín-Casa Lhou-Rúa Yañez
A wifi chámase ISTORIA 2016. Si eres veciño de Ribadavia podes colaborar deixando a tua wifi aberta os días da Festa, si non sabes como facelo dende a Coordinadora poden axudarte.
Recomendacións :
Atendede aos cortes de estradas durante o GRAN DESFILE DA ISTORIA 2016 (11:15h) que se paralizaran as liñas de buses gratuitos ata que o desfile deixe operativa a rúa Ribeiro – Carballiño – Muñoz Calero; e dicir a OU-504 Ribadavia/Cea (12:30h), a estrada a San Paio OU-406 e a estrada OU-0305 Ribadavia a Arnoia. Os usuarios desta última vía poden usar vías alternativas a través de San Paio ou Cortegada durante este tempo.
– O uso do teléfono pode chegar a ser problemático por saturación da rede, polo que vos recomendamos que quededes cos amigos en puntos e horas concretas por si vos perdedes.
– Non deixedes os envases ou vasos de cristal na rúa, pódense romper e causar danos a outras persoas. En todo o casco histórico haberá capachos e contedores para depositalos ademais de un servizo reforzado por parte da organización e do concello durante todo o día. Os plásticos e lixo nas beiras dos ríos sempre acaba onde non deben; coida o medio ambiente aínda que sexa festa. Respeta o mobiliario urbano. A vosa colaboración e civismo e fundamental.
– Coidado coas carteiras, teléfonos e obxectos de valor (reloxos, cadeas etc.) Os bolsos sempre por diante do corpo e moito ollo nas aglomeracións (Desfile, rúas estreitas…) Os amigos do alleo non descansan.
– Non bebades si ides a conducir, e si non conducides falelo con moderación.
– Os teléfonos de emerxencias somentes en caso necesario, pero si o é… non dubidedes 112 e o teléfono onde vos atenderemos.
Teremos un Posto Médico Avanzado na Alameda, tres postos de primeiros auxilios ademais dunha unidade móbil con sanitarios nas actividades, e catro ambulancias por si foran necesarias.
Respetade as sinalizacións e colaborade coas indicacións dos servizos de emerxencias, orde público e organización…estamos a traballar para unha feliz FESTA DA ISTORIA 2016
Mais información:
https://www.facebook.com/groups/37872955957/?fref=ts
http://www.festadaistoria.com/
#PCRibadavia #GESRibadavia #Prevención #Precaución #festadaistoria2016