Festa da Istoria 2018

publicado en: NOVAS | 0

Festa da Istoria 2018.

Deixámosvos información gráfica das 5 liñas de autobuses,  aparcamentos, posto médico, enfermería e postos de primeiros auxilios cos que conta este evento. Que coñezades o que a noria de evacuación por si houbera que poñela en práctica. En ningunha rúa pode haber postos ou estruturas que dificulten o paso dos vehículos de emerxencias, tamén vos mostramos as vías de saída das zonas de concentración do público.

A posta en marcha dos puntos de WIFI abertas, consolídase como unha idea excelente da  Coordinadora da Istoria para que todos poidades consultar a APP da Istoria.

Grazas a varios establecementos e veciños da vila: -Café Bar Morto-Rúa Progreso-Bar Meu e Barmacia-Rúa Progreso-Cafetería Comanda-Alameda -Ribeiro e Xamón-Praza Maior-Vinoteca-Praza Maior-Restaurante Praza-Praza Maior -Café-Pub Aljama-Rúa Trasmesones -Cafetería Rectoral-Praza Maior. Tafona da Herminia – Porta Nova de Arriba. Sefirot – Rodríguez Moure -Sede Coordinadora Festa da Istoria-Rúa Escobetes-Concello Banco Alhóndiga-Praza Maior -Casa Lhou-Rúa Yañez

A wifi chámase ISTORIA 2018. Si eres veciño de Ribadavia podes colaborar deixando a túa wifi aberta os días da Festa, si non sabes como facelo dende a Coordinadora poden axudarte.Recomendacións :

Atendede aos cortes de estradas durante o GRAN DESFILE DA ISTORIA 2018 (11:00h) que se paralizarán as liñas de autobuses gratuitos ata que o desfile deixe operativa a rúa Ribeiro – Carballiño – Muñoz Calero; e dicir a OU-504 Ribadavia/Cea (12:30h), a estrada a San Paio OU-406 e a estrada OU-0305 Ribadavia a Arnoia. Os usuarios desta última vía poden usar vías alternativas a través de San Paio ou Cortegada durante este tempo.

– Ainda que alguna compañía de telefonía reforzara o seu servizo con unha unidade mobíl, o uso do teléfono pode chegar a ser problemático por saturación da rede, polo que vos recomendamos que quededes cos amigos en puntos e horas concretas por si vos perdedes.

– Non deixedes os envases ou vasos de cristal na rúa, pódense romper e causar danos a outras persoas. En todo o casco histórico haberá capachos e contedores para depositalos ademais de un servizo reforzado por parte da organización e do concello durante todo o día. Os plásticos e lixo nas beiras dos ríos sempre acaba onde non deben; coida o medio ambiente aínda que sexa festa. Respeta o mobiliario urbano. A vosa colaboración e civismo e fundamental.

– Coidado coas carteiras, teléfonos e obxectos de valor (reloxos, cadeas etc.) Os bolsos sempre por diante do corpo e moito ollo nas aglomeracións (Desfile, rúas estreitas…) Os amigos do alleo non descansan.

– Non bebades si ides a conducir, e si non conducides falelo con moderación.

– Os teléfonos de emerxencias somentes en caso necesario, pero si o é… non dubidedes 112 e o teléfono onde vos atenderemos.

Teremos un Posto Médico Avanzado na Alameda, tres postos de primeiros auxilios: na antiga Sindical (Praza Samuel Eiján), no Centro Socio Comunitario (rúa Extramuros), Imprenta El Ribadaviense (rúa Progreso 17) ademais dunha unidade móbil con sanitarios nas actividades, e tres ambulancias por si foran necesarias, e ademais a Istoria 2018 será un espazo cardioprotexido que contará con 4 desfibriladores e un electrocardiógrafo no Posto Médico

App da Istoria
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.balidea.festa_da_istoria
App para IOS
https://itunes.apple.com/us/app/festa-da-istoria/id1130860254?l=es&mt=8
https://www.facebook.com/groups/37872955957/?fref=ts
http://www.festadaistoria.com/
#PCRibadavia #GESRibadavia #Prevención #Precaución  #festadaistoria2018

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *