Festa da Istoria 2019

publicado en: NOVAS | 0

Deixámosvos información gráfica das 5 liñas de autobuses,  aparcamentos, posto médico, enfermería e postos de primeiros auxilios cos que conta este evento. Que coñezades o que a noria de evacuación por si houbera que poñela en práctica. En ningunha rúa pode haber postos ou estruturas que dificulten o paso dos vehículos de emerxencias, tamén vos mostramos as vías de saída das zonas de concentración do público.

As WIFI abertas, consolídase como unha idea excelente da  Coordinadora da Istoria para que todos poidades consultar a APP da Istoria.

Grazas a varios establecementos e veciños da vila: -Café Bar Morto-Rúa Progreso-Bar Meu e Barmacia-Rúa Progreso-Cafetería Comanda-Alameda -Ribeiro e Xamón-Praza Maior-Vinoteca-Praza Maior-Restaurante Praza-Praza Maior -Café-Pub Aljama-Rúa Trasmesones – Tafona da Herminia – Porta Nova de Arriba. Sefirot – Rodríguez Moure -Sede Coordinadora Festa da Istoria-Rúa Escobetes-Concello Banco Alhóndiga-Praza Maior -Casa Lhou-Rúa Yañez

A wifi chámase ISTORIA 2019. Si eres veciño de Ribadavia podes colaborar deixando a túa wifi aberta os días da Festa, si non sabes como facelo dende a Coordinadora poden axudarte. Toda a información sobre a Festa a tedes na nova web da Coordinadora www.festadaistoria.gal

Recomendacións :

Atendede aos cortes de estradas durante o GRAN DESFILE DA ISTORIA 2019, que este ano se adianta ás 11:00h polo que ás 10:30h se paralizarán as liñas de autobuses gratuitos ata que o desfile deixe operativa a rúa Ribeiro – Carballiño – Muñoz Calero; e dicir a OU-504 Ribadavia/Cea (12:30h), a estrada a San Paio OU-406 e a estrada OU-0305 Ribadavia a Arnoia. Os usuarios desta última vía poden usar vías alternativas a través de San Paio ou Cortegada durante este tempo.

– Ainda que alguna compañía de telefonía reforzara o seu servizo con unha unidade mobíl, o uso do teléfono pode chegar a ser problemático por saturación da rede, polo que vos recomendamos que quededes cos amigos en puntos e horas concretas por si vos perdedes.

– Non deixedes os envases ou vasos de cristal na rúa, pódense romper e causar danos a outras persoas. En todo o casco histórico haberá capachos e contedores para depositalos ademais de un servizo reforzado por parte da organización e do concello durante todo o día. Os plásticos e lixo nas beiras dos ríos sempre acaba onde non deben; coida o medio ambiente aínda que sexa festa. Respeta o mobiliario urbano. A vosa colaboración e civismo e fundamental.

– Seguide, e colaborade, en todo momento coas indicacións das autoridades, equipos de emerxencias e responsables das actividades, así como os sinais e indicacións dispostas nos espazos e vías de acceso.

– Coidado coas carteiras, teléfonos e obxectos de valor (reloxos, cadeas etc.) Os bolsos sempre por diante do corpo e moito ollo nas aglomeracións (Desfile, rúas estreitas…) Os amigos do alleo non descansan.

– Non bebades si ides a conducir, e si non conducides falelo con moderación.

– Os teléfonos de emerxencias somentes en caso necesario, pero si o é… non dubidedes 112 e o teléfono onde vos atenderemos.

Teremos un Posto Médico Avanzado na Alameda, tres postos de primeiros auxilios: na antiga Sindical (Praza Samuel Eiján), no Centro Socio Comunitario (rúa Extramuros), Imprenta El Ribadaviense (rúa Progreso 17) ademais dunha unidade móbil con sanitarios nas actividades, e tres ambulancias por si foran necesarias, e ademais a Istoria 2019 será un espazo cardioprotexido que contará con 4 desfibriladores e un electrocardiógrafo no Posto Médico

App da Istoria
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.balidea.festa_da_istoria
App para IOS
https://itunes.apple.com/us/app/festa-da-istoria/id1130860254?l=es&mt=8
https://www.facebook.com/groups/37872955957/?fref=ts
http://www.festadaistoria.com/
www.festadaistoria.gal
https://festadaistoria.com/programa-2019/?lang=es
#PCRibadavia #GESRibadavia #Prevención #Precaución   #festadaistoria2019