Informe de actividade de agosto e setembro 2020 #COVID19

publicado en: NOVAS | 0

Pasamos a informarvos dos operativos, intervencións e servizos realizados no meses de agosto, 159, e setembro, 191, de 2020

En agosto interviñemos  en 8 accidentes con feridos , 1 deles con excarceración cos compañeiros de Bombeiros do Baixo Miño e Ponteareas, e 4 accidente sen feridos. Desexamos que todos os feridos estean recuperados ou que vaia ben a súa recuperación.
2 incendios en vehículos nós que 1 deles produzo un incendio forestal que se tivo que atallar en Toén.  6 incendios forestais, e 4 avisos que foron falsas alarmas.12 animais soltos feridos ou mortos e 39 niños de velutinas  declarados de emerxencia e asignados polo 012 ou 112. 6 incidencias en estradas ou vías públicas por polas/árbores, pedras, combustibles etc, 1 prevención de risco, 3 aperturas de portas , 1 apoio sanitario ao helicóptero de urxencias sanitarias e 108 operativos de protección civil dós que 98 foron desinfeccións polo  COVID nas que se sumaron, ademais das habituais, as propias dás actividades culturais.

En setembro foron 6 accidentes con feridos e 2 sen feridos, 2 incendios en vehículos, 1 incendio urbano e 1 falsa alarma de incendio, 1 incendio forestal.
13 animais soltos feridos ou mortos, e 65 velutinas. 7 incidencias en estradas ou vías públicas por polas/árbores, pedras, combustibles etc, 2 danos por choivas, 2 apoio sanitario ao helicóptero de urxencias sanitarias, 3 aperturas de portas, ascensores, 1 rescate persoas aisladas pola subida de caudal no río Avia. 117 operativos de Protección Civil dós que 98 foron desinfeccións polo  COVID nas que se inclúen, ademais dás habituais, e a partir de este mes, os colexios, locais de afluencia de persoas nós núcleos de Francelos, San Paio e S. Cristobo, ademais das habituais dás actividades culturais propias de este mes. Queremos puntualizar que tamén se están a incluír, neste tipo de operativos, a retirada de residuos das vivendas de persoas positivas en corentena, que viven en edificios con moitos veciños, e para reducir os riscos de contaxios. As vivendas unifamiliares, so mentes con seguir as indicacións dás autoridades sanitarias e suficiente. No centro de saúde teñen o contacto do concello para solicitar esta axuda xa que nos non temos acceso aos datos dós afectados