Informe de actividade do primeiro mes de confinameto por # COVID-19 (marzo-abril)

publicado en: NOVAS | 0

Levamos un tempo sen facer os informes de actividade habituais, xa que estamos nun tempo que é calquera cousa menos habitual, e dado o cambio radical que deu as nosas vida co maldito COVID 19.
Dicir que, toda a nosa actividade xira o redor deste desastre humano, social, económico… Intentar que as áreas baixo a nosa responsabilidade estean cubertas, e incluso duplicadas, nas áreas mais sensibles e expostas: maiores e sanitarios.
Queremos dende aquí agradecer aos compañeiros dás diferentes áreas: Obras,  Limpeza, Servicios, que fora dás súas obrigas laborais están sempre aí.
Tamén ós profesionais, e traballadores de outras administracións/empresas privadas residentes en Ribadavia (tractores, aplicadores de produtos fitosanitarios etc.) comercio local, e persoas particulares que colaboran coa confección dás 400 pantallas de protección entregadas no Ribeiro, e a compañeiros de PC fora da comarca. Ós nosos voluntarios de Protección Civil. Persoal do GES libres de quenda que están totalmente a disposición das necesidades organizativas a primeira chamada. Un sin fin de persoas que se ofrecen a botar unha man según sexa necesario.
Xa se leva informado das tarefas diarias que se realizan pero queremos que as coñezades directamente de esta páxina o plan de traballos diarios:
O Servizo de Limpeza do Concello encárgase de que 3 veces a semana estean desinfectados todos os negocios e organismos ós que teña acceso ó público, fontes,  incluídos contedores de lixo (estes días si os víchedes pechados era para que non se encheran de auga pola choiva, pero sigue sendo válido o deixalos abertos cando os atopedes así. NON DEIXES VOLUMINOSOS NA RÚA. NON SE RECOLLEN); dende a Avenida de Redondela, ata Muñoz Calero. Dende o cruce do Carballiño ata Hnos. Álvarez Araujo.
O persoal de Servizos, e o de Obras, encágracase dós negocios, contedores e fontes dos núcleos  rurais. Esta semana que non puideron actuar os tractores, encargáronse da desinfección manual de tódolos núcleos do Concello.
O GES de Ribadavia ten ó seu cargo indicacións directas da Xefatura de Emerxencias de Ourense ( da cal se depende encanto estea vixente o estado de Alarma decretado polo Goberno) dás residencias de maiores de Leiro, Melón (e centro de saúde), agora compartido con Medio Rural, Ribadavia (2 veces ó día) e o PAC de Ribadavia, Estación de Autobuses, e FF.CC.
Ademais reforza ós anteriores Servizos nas áreas que poidan quedar pendentes, e sempre atentos a posibles emerxencias nos 10 concellos que levamos na comarca.
A entrega de medicamentos, alimentos ás persoas afectadas do COVID19, persoas dos grupos de risco, en colaboración total con Asuntos Sociais encárgase o GES. Calesquera dos traballos de risco certo, ou que esixan medidas especiais de protección,  o fai o grupo de intervención (GES) SEMPRE.
O GES, e os nosos Voluntarios de Protección Civil encárganse de que ningún rapaz da comarca se queden sen material escolar, tanto do CEIP como do IES Ribeiro. Neste apartado dar a grazas ao GES de Avión e PC de Carballeda que colaboran repartíndolle ós rapaces da súa zona. Todo isto entregando o material desinfectado, e tratado individualmente. Ágora tamén toca o darlle unha alegría nos cumpre-anos dos pequerrechos que levan un mes sin tocar a rúa. Unha tarefa impagable dós voluntarios. Gracias a todos eles, ós que están e os que non poden estar polos seus traballos ou porque teñen maiores ao se cargo.
Como tarefa nova tócanos a desinfección, por tratamento de ozono, dos vehículos oficiais indicados, aínda que se están a facer xestións para poder amplialo ao vehículos de servizo público e de transporte público.