Información sobre a IV Carreira Popular de Ribadavia 2017 que se celebra este sábado 23 a partires dás 16:00h.
A esa hora teremos a saída dos Pitufos onde todo o percorrido será na Praza Maior da vila.
Posteriormente será a saída dos infantís Sub12, e ata os 10 anos con unha volta ao percorrido urbano (Praza Maior-Progreso-Extramuros-Fonte de 2 canos/San Martín-Progreso-Praza Maior) e a seguir será a dos Sub16 con dúas voltas ao mesmo percorrido urbano.
A Carreira Absoluta será ao redor dás 16:45h e quédavos no plano nº2 (Saída: Praza Maior-Progreso-Rúa Ribeiro-Rúa Veronza-Área da Veronza-Paseo fluvial do Avia/Miño ata Francelos- Rúa Aldea- Rúa Laxas-Estrada OU-801- Rúa San Lázaro-Rúa Virxe do Portal a Extramuros-Fonte de 2 canos/San Martín-Progreso, e chegada a Praza Maior)
As recomendacións son as de costume:
A rúa Progreso, Extramuros, San Martín estarán cortadas durante as probas nas que estean afectadas estas rúas. Deixade fora das zonas de corte os vehículos si tedes `previsto saír con el.
O tramo de corte da circulación na rúa Ribeiro é puntual e rápido.
A estrada de Francelos (OU-801) estará regulada, como sempre, e terá circulación alternativa orgaizada pola Policía Local.
Facede as previsións oportunas si tedes que circular polas estradas indicadas, e… paciencia.
Moito ollo ás saídas dos garaxes.
Facede caso ás indicacións das persoas que velan pola seguridade do percorrido, e grazas aos Voluntarios e Colaboradores que nos van a botar unha man.