O derradeiro mes do ano, decembro, deixounos un total de 72 intervencións, operativos e cursos/xornadas de formación.
3 incendios urbanos, dós que 2 quedaron nun susto e o terceiro, gracias a deus sen vítimas, supuxo un desastre para a familia que habitaba a vivenda ao quedar destruída; algo ao que nunca te acostumas e sentimos profundamente.
1 accidente con feridos e 13 sen feridos.
11 intervencións con animais, nas que destacan as intervencións por xabaríns; perigosísimas neste tempo de pouca visibilidade durante a noite.
12 retiradas/talas de árbores ou limpeza de restos de líquidos nas vías de comunicacións.
2 apoios ao helicóptero de urxencias médicas #061
3 accesos a vivendas; unha de elas por persoa maior caída na vivenda.
18 días de cursos de formación para os nosos voluntarios e GES na #AGASP , #SEGANOSA e outras sedes.
#GESRibadavia#PCRibadavia#ProtecciónCivil#Prevención#Precaución
Deja una respuesta