PROBA DE SEREAS DO PLAN DE EMERXENCIA DA PRESA DE CASTRELO

publicado en: NOVAS | 0

Dentro dás medidas de implantación do Plan de Emerxencia da presa de Castrelo, o próximo martes 16 de febreiro, realizaranse as probas das 4 sirenas instaladas para alertar a poboación.
A sinal será audible nas proximidades da presa, no Concello de Ribadavia, ademais do Concello de Castrelo e de Arnoia, entre as 9:00h e as 13:00h.
Ao escoitala, a poboación poderá continuar normalmente coas súas actividades, xa que e unha proba de funcionamento.
_______________________________________________________________________________________________________

Co fin de conseguilo coñecemento pola poboación do “Plan de Emerxencia da Presa de Castrelo, vaise facer unha “proba de sonido” que será audible dende os seguintes emplanzamentos:

CONCELLO DE RIBADAVIA:

Santa Cristina, Francelos, A Foz, Prexigueiro, Ribadavia (núcleo urbán) e posiblemente, San Paio, A Franqueirán, e SanCristovo, que aínda que non están afectados por este Plan, igual que Valdepereira, A Quinza, Ventosela, San Andrés, Esposende, e a parroquia de Sanín, si deberan recoñecer esta sinal acústica.
_______________________________________________________________________________________________________
Gas Natural Fenosa está implantando o Plan de Emerxencia da presa de Castrelo, deseñado para incrementar as garantías de seguridade. Entre outros aspectos, establécense diversos procedementos para o suposto de que se produzan incidencias no normal funcionamento da presa. Actuacións semellantes estanse a desenrolar no resto de presas do estado e proximamente farase tamén para a presa de Albarellos.
Esta fase da implantación realízase coa colaboración da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, a Unidade de Protección Civil da Subdelegación do Goberno en Ourense, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e os concellos afectados.
Para un maior coñecemento do Plan de Emerxencia da presa de Castrelo, realizaranse, nun futuro próximo, reunión coas poboacións proximas a presa e augas abaixo da mesma. Así mesmo, elaboraranse unha serie de folletos informativos que serán distribuídos polos concellos a poboación.
#‎GESRibadavia‬ ‪#‎PCRibadavia‬ ‪#‎ProtecciónCivil‬ ‪#‎Prevención‬ ‪#‎Planificación‬ ‪#‎FaiteVoluntarioPc‬
_______________________________________________________________________________________________________
Nestes enlaces deixámosvos un adianto da información que se dará a poboación, nas seguintes fases do programa de implantación de esta presa.
– Orotofotos coas situacións A1, H1 e H2 do Plan de Emerxencia da presa de Castrelo no Concello de Ribadavia
– Anexos do Plan de Emerxencia da presa de Castrelo do Concello de Ribadavia