Estamos no tempo de que chegue o frío e imos a deixarvos unhas recomendacións (xa sabedes o que nos gustan as campañas que se fan para combater estes riscos propios do inverno no fogar).
A compra e instalación dun(s) simple(s) detectores(s) de fume e monóxido de carbono e fundamental.
Prevención no fogar: Estufas e chemineas a leña
As estufas e chemineas a leña estanse a transformar nunha fonte de calor común nos fogares.
Poñer atención á seguridade pode minimizar o risco de incendios destas.
Para un uso seguro:
. Asegúrese de que a cheminea ou estufa estea instalada correctamente. As estufas a leña deben ter unha separación suficiente (90 cm) das superficies combustibles, e apoio e
protección adecuados no chan.
. As estufas a leña deben ser de boa calidade, e construción e deseño sólidos. Compre estufas a leña que fosen avaliadas por normas europeas
. Faga revisar a cheminea cada ano, e fágaa limpar se é necesario, especialmente se non se usou por algún tempo.
. Coloque unha pantalla de vidro ou metal fronte á abertura da cheminea para evitar que saian brazas ou faíscas, ou que entren obxectos non desexados á cheminea, e axudar a previr
a posibilidade de queimaduras dos que viven alí.
. A estufa debe facerse funcionar a alta temperatura dúas veces ao día por 15 a 30 minutos para reducir a acumulación de creosota (feluxe).
. Non use cantidades excesivas de papel para facer un lume inmenso na cheminea. Se o fai, podería prenderse lume a creosota na cheminea.
. Xamais queime carbón dentro da casa. Isto pode producir cantidades letais de monóxido de carbono.
. Manteña os obxectos combustibles afastados da repisa da cheminea. Unha faísca da cheminea podería prender lume rapidamente a eses obxectos.
. Antes de ir a durmir, asegúrese de que o lume da cheminea estea apagado. XAMAIS peche o tiro se hai cinzas quentes na cheminea. O tiro pechado axudará a que o lume se acenda
novamente e fará que entre monóxido de carbono na casa.
Se se usan paus sintéticos, siga as instrucións do paquete. NUNCA rompa un pau sintético para acelerar o lume ou use máis dun pau á vez. En xeral quéimanse en forma desparella, eliminando concentracións máis altas de monóxido de carbono.
Quédavos uns pictogramas con indicacións para normas de seguridade cos aparellos eléctricos e un enlace a unha páxina moi interesante…http://www.nyc.gov/…/08_smoke_and_carbon_monoxide_alarms_sp…
#GESRibadavia #ProtecciónCivil #Prevención #Autoprotección