En maio sumamos 82 servizos e operativos de Protección Civil e do GES de Ribadavia. Subliñar que nestes servizos non tivemos que atender feridos de servizos directos aínda que nos 2 operativos de apoio ao helicóptero de emerxencias sanitarias houbera persoas con diferentes afeccións.
7 accidentes de tráfico sen feridos. 2 falsas alarmas por incendio forestal (queimas autorizadas fora do horario adecuado). 3 incendios urbanos (1 por lume nun electrodoméstico).
Nas diferentes vías públicas no noso ámbito de actuación: 5 intervencións por árbores/polas . 9 por restos de accidentes/combustibles/pancartas-sinais de tráfico. 3 por terra/pedras. 16 xornadas de cursos de formación.
16 chamadas por animais soltos/feridos ou mortos ( incluído un enxameo). Puntualizando o dos enxámios diremos que, ademais da Asociación Galega de Apicultura que colabora co CAE112 Galicia,nos directamente contamos cunhos apicultores da comarca que nos botan unha man e tamén nos din que e algo que sempre houbo a estas alturas do ano. A non ser que estean nunha zona sensible (colexios, zonas urbanas a unha altura escasa na vía pública) que poidan causar danos as persoas, non suelen quedarse nese punto. Necesitan flores e vexetación para formar a súa colmea e son “esenciais” para a natureza como elemento polinizador. Incluso os carrizos que se confunden coa famosa Vespa Velutina (asiática) que, no Ribeiro, non se leva detectado aínda ningunha colmea son beneficiosos. Son as únicas vespas que lle poñen freo a asiática. ( http://www.campogalego.com/es/agroalimentacion-es/alertan-de-que-se-destruye-el-avispon-gallego-al-confundirlo-con-la-avispa-asiatica/ )
)