Imos a informarvos da actividade realizada polo Servizo de Emerxencias (Ges e Protección Civil) de Ribadavia nos meses de marzo, abril, e maio de 2023
Marzo
En marzo tivemos 50 entre intervencións, operativos e servizos.
– 4 accidentes de tráfico con feridos, que desexamos xa estean totalmente recuperados.
– 2 accidentes de tráfico sen feridos.
– 5 intervencións con animais soltos feridos ou mortos. 5 servizos con velutinas que se refiren a trampeo e mantemento.
– 8 incidencias en estradas/vía pública con: arbores, polas, senais, pancartas, placas de xeo
– 2 intervencións por incendios forestais, 1 saída por falsa alarma de incendio urbano en Toén
– 3 por riscos en estradas (sumidoiros) e derrube de Tellado.
– 3 apoios ó helicóptero de urxencias sanitarias H4, e 1 apoio o 061.
– 3 aperturas de portas ( 1 con persoa caída no baño).
– 1 rescate persoa caída o río.
– 12 operativos de PC por baldeo de rúas, e mantementos da estación meteorolóxica.
Abril
En abril 50 entre intervencións, operativos e servizos
– 6 accidentes de tráfico con feridos 1 dós cales foi atropelo con persoa falecida, e outra persoa, tamén desgraciadamente falecida en accidente de moto. O noso maior pesar para coas súas familias e amigos.
– 1 ferido grave, por accidente de moto, que esperamos estean recuperándose satisfactoriamente. 1 accidente de tráfico sen feridos
– 3 Intervencións con animais soltos feridos ou morto. 3 servizos con velutinas ( 1 o primeiro niño primario do ano na nosa zona de intervención)
– 5 incidencias en estradas/vía pública por: polas, árbores, postes, cables restos de edificacións
– 1 incendio en vehículo . 1 incendio forestal
– 1 anegamento por tubeira rota.
– 5 apoios ó helicóptero de urxencias sanitarias H4
– 3 aperturas de portas/ascensores
– 1 rescate de persoa afogada no concello de Melón que tamén sentimos enormemente.
– 20 operativos de PC que van dende atención e apoio a Feira do viño, baldeos e procesións…
Maio
En maio 73 intervencións, operativos e servizos
– 4 accidentes con feridos/falecidos ( 2 deles con excarceración no que 1 persoa resultou falecida) O noso maior pesar para coas súas familias e amigos, e os feridos esperamos evolucionen favorablemente e se recuperen totalmente. 1 accidente sen feridos.
– 10 intervención animais soltos feridos ou mortos
– 11 servizos de retirada de niños de velutinas, e trampeos e mantementos dás trampas.1 recuperación dun enxámio de abellas
– 8 intervencións por incidencias en estradas/vía pública por: polas, árbores, postes, cables restos de edificacións, terra/pedras…- – 1 risco na vía pública por caída de cristais.
– 1 apoio ó helicóptero de urxencias sanitarias H4
– 17 Operativos de PC que van dende campionato da Península Ibérica de ciclismo, BTT do Ribeiro, Xornada escolar para os mais cativos. Baldeos…, etc
– 5 aperturas de portas por persoas en situación difícil (dúas persoas caídas na casa e una persoa que non responde co fatal resultado de que está falecida)
– 14 servizos de búsquea de persoa desaparecida no río Miño, que finalmente foi atopada, por desgracia, falecida.O noso maior pesar para coas familias, e amigos, de estas dúas persoas falecidas.
Abril e maio foron dous meses moi malos neste senso. Demasiadas familias afectadas, e sin consuelo. Unha forte aperta para elas todas.
Queremos dar as grazas as persoas que se volcaron na procura desta última persoa xunto con AvPC da Mancomunidade do Ribeiro. Emerxencias – Protección Civil Cortegada. AvPC de Ribadavia. AVPC Castrelo de Miño. Emerxencias – Protección Civil Parada De Sil. AvPC do Concello de Muíños.
#GEAS, #Equipo Cinolóxico da Garda Civil. #Garda_Civil de Cortegada, e de Ribadavia. #Xefatura de Emerxencias_ Ourense
Marcos Aceña, que colaborou activamente poñendo o seu material (sonar, lancha), e tempo, a disposición deste dispositivo.
Grazas
#GESRibadavia #ProtecciónCivil #Prevención #Autoprotección