Resumen de actividade de marzo e abril de 2024

publicado en: NOVAS | 0

Informamos da actividade realizada polo Servizo de Emerxencias (GES e Protección Civil) do Concello Ribadavia nos meses de marzo  e abril de 2024.

En marzo 92 intervencións, operativos e servizos

— 11 accidente s de tráfico: 7 sen feridos, 4 con feridos, que esperamos estean totalmente recuperados.
— 1 accidente con tractor con persoa atrapada
— 4 intervencións con animais soltos/feridos ou mortos.
— 5 servizos con velutinas (retiradas de niños 3 e 2 trampeos)
— 17 intervencións por incidencias en estradas e vías públicas, por caída de árbores/polas/verteduras/desprendementos-arrastres.
— 5 incendios:  2 urbanos, 2 eléctricos, 1 en vehículo (falsa alarma).
— 8 riscos-anegamentos-Avenidas por umbrais de activación no río Avia/Miño.
— 3 servizos por Prevención de riscos que abarcan desde o balizamento e sinalización das zonas inundables, mantemento de sumidoiros.
— 1 apoio o helicóptero de urxencias médicas.
— 3 aperturas de portas/ascensores por persoas que non responden ou caídas no domicilio.
— 34 operativos de Protección Civil que abarcan dende a revisión de sumidoiros, actividades deportivas, cabalgata etc.
*5 persoas feridas no mes de marzo.

En abril 56 intervencións, operativos e servizos

— 6 accidente s de tráfico: 1 sen feridos, 5 con feridos, que esperamos estean totalmente recuperados.
— 11 intervencións con animais soltos/feridos ou mortos.
— 2 servizos con velutinas (trampeo)
— 5 intervencións por incidencias en estradas e vías públicas, por caída de árbores/polas/verteduras/desprendementos-arrastres.
— 4 incendios:  2 urbanos, 1 en vehículo, e 1 forestal (falsa alarma).
— 2 servizo por Prevención de riscos.
— 2 apoios o helicóptero de urxencias médicas.
— Búsqueda de persoa desaparecida, atopada en bo estado de saúde.
— 1 apertura de ascensor por persoas pechadas dentro, e 1 apertura de porta por persoa caída na vivenda.
— 1 Rescate de persoa caída nunha silveira.
— 20 operativos de Protección Civil que abarcan dende a revisión de sumidoiros, actividades deportivas, cabalgata etc.
*9 persoas feridas no mes de abril.