Informe de actividade realizada polo Servizo de Emerxencias (GES e Protección Civil) do Concello Ribadavia nos meses de marzo, 54, e abril, 58, entre intervencións, operativos e servizos que fan un total 112 nos 2 meses
— 17 accidentes de tráfico: 6 con feridos – 1 deles con excarceración- que esperamos estean totalmente recuperados, e 11 accidentes sen feridos.
— 15 intervencións con animais soltos/feridos ou mortos.
— 8 servizos con niños primarios de velutinas, e trampeo.
— 13 intervencións por incidencias en estradas e vías públicas, por caída de árbores/polas/verteduras/desprendementos-arrastres/restos de accidentes, e tendidos eléctricos/telefónicos.
— 15 saídas por incendios: 6 urbanos – 1 falsa alarma- 5 forestais – 3 queimas – 1 incendio eléctrico, 3 en vehículos-1 deles falsa alarma-.
— 6 por previsión de riscos/ anegamentos/ limpeza de sumidoiros…
— 6 apoios a urxencias médicas no H4.
— 2 Procura de persoas desaparecidas en apoio as Forzas de Seguridade.
— 2 apertura de portas/ascensores por persoas que non responden ou caídas no domicilio que non contestan).
— 2 Apertura de vivendas en apoio das Forzas da Orden.
— 27 operativos de Protección Civil que abarcan dende o dispositivo especial sufrido polo apagón xeneralizado, Mantemento da estación meteorolóxica da AeMet, comprobacións de bocas de incendios… Semana Santa, Preparativos Feira do Viño….
* Un total de 11 persoas feridas e que esperamos estean totalmente recuperadas.
#GESRibadavia #ProtecciónCivil #Prevención #Precaución