Resumen de actividade de novembro 2016

publicado en: NOVAS | 0

Outubro foi outro més «tranquilo» con 76 servizos e intervencións nos que cabe destacar  5 accidentes de tráfico con feridos (de carácter leve aos que lle desexamos un total restablecemento) e 4 sen feridos.
26 chamadas por animais soltos/feridos ou mortos, e dos cales 7 eran por actuacións, en días sucesivos, en enxames de vespas velutinas dos que resultaron neutralizados os 4. A chegada do outono, e a caída das follas das árbores, deixa ao descuberto niños secundarios a gran altura, e de gran tamaño.
17 intervencións na vía pública por bolsas de auga/polas-árbores/verquidos/restos de accidentes etc. 6 actuacións por prevención de riscos.
3 aperturas de portas. En unha destas intervencións entrouse, xunto coa Policía Local, nunha vivenda na que os Servizos Sociais do Concello recibiron unha chamada dunha persoa  alertando que se lle facía raro non ver actividade na casa da  veciña do lado, e que vive sola. Un gran acerto xa que se atopaba  inconsciente.
Cada vez ocorre mais a miúdo que as persoas, un tanto maiores, queiran vivir a súa vida, solas, independentes, nos seus pisos.  Hai sistemas para poder decatarse cando necesitan axuda: a tele-asistencia, as chamadas regulares de familiares a certas horas establecidas. Ter un bo veciño vale por todas. Finalmente 11 operativos programados nos que cabe destacar a #XornadaConvivencia2016  onde  O Voluntariado de Protección Civil en Ourense  tivemos un día para compartir cos compañeiros, e que foi un éxito polo bo saber facer da Xefatura Provincial : Jose Olivier Reboredo Campos , Diego, Mariluz e Xulia.