Resumen de actividade de novembro de 2021

publicado en: NOVAS | 0
Informamos dos 61 servizos, e operativos do mes de novembro de 2021
7 accidentes de tráfico (2 con feridos, que desesamos estean xa recuperados, e 5 sen feridos)
1 incendio urbano, 2 incendios en vehículos, 1 extinción dunha queima agrícola/forestal abandoada sen as medidas de seguridade
12 intervencións con animais soltos, feridos ou mortos. 11 intervencións con velutinas (retirada de niños, declarados de emerxencia polo 012, e mantemento do trampeo de outono que xa remata co a captura de preto de 3000 velutinas nas trampas controladas polo Servizo)
1 verquido/derrame na vía pública de aceites, combustibles etc. 1 Prevención de riscos con posta a punto de sumidoiros nas zonas que a caída de follas e arrastres poden ocasionar danos ou perigos para a circulación
1 apertura de porta por persoa en situación difícil que non responde na que se necesitou o apoio da escada de altura do Servizo de Bombeiros Comarcais. 1 atención a persoa maior caída na rúa.
27 operativos e servizos de Protección Civil que van dende apoio o persoal do SERGAS, nas vacinacións da gripe, e vacina de recordo Covid para as persoas maiores, e como sempre sempre grazas ó apoio dos nosos voluntarios que o fan posible.
Participación no Simulacro Cepsa – Maside. Atención a confinados Covid con medicamentos, etc.