Informamos das actividades, intervencións e servizos de outubro e novembro de 2019.
En outubro un total de 117 dós que 3 foron accidentes con feridos, e 2 sen feridos. 2 intervencións con animais soltos, feridos ou mortos.85 foron niños de Vespa Velutina (a estas alturas do ano levamos 593 avisos dós que 312 foron eliminados ou neutralizados, 188 non procedía actuación, 55 foron avisos duplicados do mesmo niño, 35 imposible de actuar cos nosos medios, e 3 están pendentes). 8 incidencias en estradas ou vía pública por caída de árbores, sinais de tráfico, limpezas de verquidos. 1 incendio de vehículo que se comunicou ao monte e fixo intervir brigadas Medio Rural. 1 aviso por lume forestal que resultou ser unha queima, e 1 lume por barbacoa. 9 operativos de protección civil nás que destacou a colaboración con rodaxes de películas que se fixeron en Ribadavia e O Ribeiro; chegáronse a estar filmando dúas o mesmo día. 4 aperturas de portas, en 1 nunha das cales estaba unha persoa maior caída no chan.
En novembro 88 servizos e intervencións.
5 accidentes con feridos (2 deles con excarceración) e 5 sen feridos. 5 servizos con animais soltos, feridos ou mortos , e 36 intervencións con velutinas. 20 incidencias en estradas por climatoloxía adversa, verquidos ou restos na vía (1 de elas implicou a 5 vehículos pinchados en pleno temporal na A-52).1 incendio de vehículo, e 2 conatos de incendios urbanos causados por estufas de leña e de pellets respectivamente. E a segunda vez que temos que intervir en estufas de pellets por retorno, de algunha forma, do lume do queimador ao depósito de pellets.8 operativos de protección civil. 3 prevención de riscos asociados aos temporais, 1 apoio ao H4, e 2 colaboracións coas forzas de seguridade en búsqueda de persoas desaparecidas ou situación difícil.