No mes de xaneiro realizáronse 85 servizos dos cales 5 foron accidentes de tráfico (1 cun ferido leve) 10 chamadas por animais soltos feridos ou mortos, 10 avisos por vespa velutina, 10 por incidencias nas estradas (árbores/polas-combustibles/aceites-terra/pedras- restos de accidentes- placas de xeo etc) 7 incendios urbanos ,1 falsa alarma, e o resto lumes asociados chemineas/cociñas/estufas de leña; todos eles lumes menores salvo 1 con danos considerables. 1 incendio en vehículo.
Un posible verquido de gasóleo ao alcantarillado e a falta de choiva durante moito tempo creou certa alarma por cheiro a gas que nos fixo estar todos los días facendo medicións, e tranquilizado aos veciños da zona. As baixas temperaturas, e as xeadas, fixeron que tivésemos facer labores de prevención nas rúas e estradas do concello. Os operativos, ademais dos habituais, tivemos a Cabalgata de Reis, no que participaron un volume importante de voluntarios, proba de cross, campionato de remo, apoio ao H4 de urxencias sanitarias etc
En febreiro foron 137 servizos totais dos que 100 estarían asociados aos temporais de vento e choiva, ademais 7 accidentes de tráfico (6 con feridos de carácter leve, e 1 sen feridos) 1 accidente laboral, 4 chamadas por incendios urbanos dós que 2 eran falsas alarmas e 1 incendio en vehículo, 8 chamadas por animais soltos feridos ou mortos, 2 aperturas de portas e o resto operativos asociados a maioría ao entroido.