Resumen de actividade de xaneiro e febreiro 2023

publicado en: NOVAS | 0

Informamos da actividade dos meses de xaneiro, 89, e febreiro 76, entre servizos e intervencións

En xaneiro 6 accidentes de tráfico sen feridos, 6 intervencións con  animais soltos/feridos ou mortos, 8 por incidencias en estradas  por bolsas de auga, árbores, fachadas en mal estado etc. 7 por xeadas/placas de xeo, 2 por incendios de coches, 1 de cables eléctricos e 4 intervencións incendios urbanos.
28 servizos polas enchentes do río Avia/Miño/Maquiáns que incluien desde sinalizacións e balizamentos ata achiques de garaxes pasando por cortes de estradas, avisos a poboación. 1 prevención de risco por cheiro a gasóleo do alcantarillado, e 1 apoio sanitario o helicóptero de urxencias médicas.

En febreiro  2 accidentes con feridos e 2 sen feridos, 28 incidencias en estradas, sinalizción e dar información durante o corte da OU-504/bolsas de auga/árbores ou polas/ xeo ou xeadas.3 animais soltos/feridos ou mortos.  3 incendios forestais e 2 urbanos (1 falsa alarma). 4 apoio sanitarios o helicóptero de urxencias médicas. 1 búsqueda de persoa desaparecida. 4 aperturas de portas por persoas caídas na casa ou que non respostan (1 delas falecida). 27 operativos  que van dende a colocación de bandos informativos,  corte de acacias, baldeo de parques infantís, actividades do entroido, onde damos as grazas aos nosos voluntarios de Protección Civil por esa axuda ,
#GESRibadavia #ProtecciónCivil #Prevención #Autoprotección