Informamos da actividade realizada polo Servizo de Emerxencias (GES e Protección Civil) do Concello Ribadavia nos meses de xullo (84), agosto (97) e setembro (103) entre intervencións, operativos e servizos que fan un total 284 nos 3 meses
— 26 accidentes de tráfico con 32 feridos, un deles con excarceración que esperamos estean totalmente recuperados, e 1 falecido. 4 sen feridos.
— 2 Accidentes laborais con 2 feridos
— 1 Accidente con maquinaria agrícola con 1 falecido.
— 12 intervencións con animais soltos/feridos ou mortos.
— 76 servizos con velutinas (retirados o mesmos meses do 2023 foron 309 niños)
— 20 intervencións por incidencias en estradas e vías públicas, por caída de árbores/polas/verteduras/desprendementos-arrastres/restos de accidentes.
— 13 incendios: 4 urbanos (con 1 ferido), 7 forestais (un deles falsa alarma), 2 en vehículos.
— 9 apoios o helicóptero de urxencias médicas.
— 4 apoios a urxencias médicas.
— 6 aperturas de portas/ascensores por persoas que non responden ou caídas no domicilio que non contestan.
— 3 Apertura de vivendas en apoio das Forzas da Orden.
— 1 apoio as Forzas da Orden na procura de persoa desaparecida en xaneiro no Arenteiro.
— 2 Persoas en situación difícil con membros atrapados.
— 2 persoas afogadas no Avia (1 delas falecida, e outra en parada respiratoria, recuperada totalmente despois de ser rescatada, reanimada, e de ser atendida e trasladada polo servizo médico de urxencias no helicóptero de urxencias médicas)
— 83 operativos de Protección Civil que abarcan dende o dispositivo pola Mostra Internacional de Teatro, Xornadas de Folclore, Festa do pulpo, Festa da Istoria, Baldeos, Festas do Portal (actos relixiosos, tirada de fogos, concertos), Romería dos Milagros, Campionato Galego de K2 etc Operativos cubertos polos Voluntarios de Protección Civil Ribadavia, e compañeiros de outras Agrupacións.
* Un total de 4 persoas falecidas en estos 3 meses, e que lle reiteramos o noso pesar ós familiares, e 48 persoas feridas e que esperamos estean totalmente recuperadas.
#GESRibadavia #ProtecciónCivil #Prevención #Precaución