Resumen de actividade de xullo e agosto. 2016

publicado en: NOVAS | 0

Actualizamos datos dos servizos realizados durante os meses de xullo e agosto, nos que nos foi  imposible poñelos ao día no seu momento.
77 servizos en xullo con 11 accidentes dos cales 8 foron con feridos e 3 sen feridos . 1 accidente laboral.
15 chamadas por animais soltos/feridos ou mortos dos cales
2 búsquedas de persoas desaparecidas, na Cañiza e Penavaqueira onde, a primeira apareceu despois de 28 horas e onde temos que subliñar o traballo dos nosos voluntarios que se desprazaron un domingo ás 19:00h con un resultado fenomenal.  A segunda foi mobilizado o GES ás 23:00h e tamén co mesmo resultado.
1 chamada por persoas (nenos) en situación difícil por variación de caudal no río Avia en Pazos de Arenteiro. A actuación das persoas no lugar fixo que non fora mais que un bo susto.
5 incendios dos cales 3 foron en vehículos (1 nun tractor de traballos forestais) 1 incendio forestal , e 1 incendio eléctrico de transformador, na Cañiza.
A Mostra Internacional de Teatro fixo que tivéramos servizos de apoio a este evento  e finalmente… 5 aperturas de portas.

Agosto mais do mesmo: 95 servizos dos cales 10 foron accidentes – 4 con feridos, 1 excarceración nun accidente por alcance, e 6 sen feridos.
23 chamadas por animais soltos/feridos ou mortos dos cales 13 foron por enxámios no que xa semella unha histeria colectiva. Xa todo e Velutina, asiática, asasina.
Os carrizos hóuboos sempre!! Insistimos na información que vos pasábamos en maio sobre este tema https://emerxenciasribadavia.es/resumen-de-actividade-de-maio-2016/
12 obstáculos nas vías públicas/estradas. 2 incendios de vehículos nos que 1 resultou falsa alarma. 5 incendios forestais – 1 falsa alarma. 1 incendio en solares.4 incendios urbanos –  1 en “casa” abandonada. Este lume recorrente dáse no antigo psiquiátrico de Toén: ¡xa levamos case media ducia no mesmo sitio!.
3 prevención de riscos. 4 apoios sanitario- 2 deles ao H4. 2 aperturas de portas, 1 búsqueda de persoa desaparecida, e, por desgracia, o rescate dunha persoa afogada nun estanque que foi imposible reanimar xunto co persoal de Urxencias Sanitarias e Garda Civil.
O resto, Operativos de Protección Civil, levounos “La Vuelta 2016”, e a Festa da Historia, nos que temos que agradecer a entrega dos nosos voluntarios xunto cos do Carballiño, Carballeda, Parada do Sil, Avión, Os Blancos, e o persoal da nosa Xefatura Provincial. Xornadas Folclóricas, Romaría dos Milagres, actividades lúdicas na gardería…. solo faltou o magosto en agosto.