Informamos da actividade realizada polo Servizo de Emerxencias (Ges e Protección Civil) de Ribadavia nos meses de xuño e xullo de 2023.
En xuño 88 intervencións, operativos e servizos
— 7 accidentes de tráfico (3 con feridos, que esperamos que estean recuperados, e 4 sen feridos)
— 4 intervencións con animais soltos feridos ou mortos
— 17 niños de velutina retirados ou neutralizados.
— 19 incidencias na vía pública por temporais, árbores/polas. Terra/pedras. Socavóns, cables de luz/teléfono. Vehículos averiados.
— 13 por riscos por anegamentos, escorrentías, sumidoiros, por baixos e garaxes anegados.
— 3 avisos por coches ardendo (1 era falsa alarma por averia)
— 2 Incendios forestais (1 por caída de raio)
— 1 falsa alarma de incendio industrial (por queima forestal)
— 1 simulacro de probas de sirenas dos plans de emerxencia de presas
— 4 apoios sanitarios o helicóptero de urxencias médicas
— 1 prevención de riscos por revisión de sumidoiros
— 1 busqueda de persoa desaparecida
— 1 apertura de porta/ascensores
— 13 operativos de protección civil que van dende colocación de bandos municipais, baldeos de parques infantís, mantemento da estación meteorolóxica etc.
En xullo 170 entre intervencións, operativos e servizos
— 5 accidentes de tráfico (3 con feridos, que esperamos xa estean recuperados, e 2 sen feridos)
— 9 intervencións con animais soltos, feridos ou mortos.
— 101 intervencións por eliminación ou neutralización de niños de vespa velutina, e 4 con abellas
— 7 incidencias na vía pública, árbores/polas, terra/pedras, socavóns, cables de luz/teléfono.
— 1 incendio en vehículo.
— 1 incendio forestal.
— 1 incendio en colector de lixo.
— 4 Mobilizacións por incendios urbanos (1 deles falsa alarma)
— 1 Achique de ascensor.
— 1 apoio sanitario o helicóptero de urxencias médicas.
— 1 apoios sanitarios no PAC.
— 5 aperturas de portas por persoas que non responden ou caídas na casa
— 28 operativos de protección civil: apoio a Mostra Internacional de Teatro, baldeos, sinalizacións de maquinaria etc.