Imos entrando na época do inverno, do frío, e xa tíñamos que ter a punto a chemineas, (xa empezaron os primeiros incendios nelas) calefaccións, e ter coidado coas cociñas, extractores, quentadores eléctricos, enchufes sobrecargados, pitillos… (xeralmente, os lumes, comezan nestes puntos, e si non se detectan a tempo, chegan a estenderse a toda a vivenda).
Seguimos imitando as campañas que se fan polo mundo para prever os incendios nos fogares.
Estas campañas fanse coincidir cos cambios de horario de verán e de inverno para adquirir a rutina de protexer os fogares.
*Recordámola agora:
— A instalacións duns simples detectores de fume, e monóxido de carbono, son fundamentais.
*Prevención no fogar: Estufas e chemineas a leña.
—As estufas e chemineas a leña estanse a transformar nunha fonte de calor común nos fogares. Poñer atención á seguridade pode minimizar o risco de incendios destas.
Para un uso seguro:
— Asegúrese de que a cheminea ou estufa estea instalada correctamente.
— As estufas a leña deben ter unha separación suficiente (90 cm) das superficies combustibles, e apoio e protección adecuados no chan. (As chemineas ¡¡tamén!! aínda que estean feitas de material illante)
— As estufas a leña deben ser de boa calidade, e construción e deseño sólidos. — Compre estufas a leña que fosen avaliadas por normas europeas.
— ¡¡Limpar a cheminea, alo menos, unha vez ó ano!!
Si vostede non pode, faga revisar e limpar a cheminea cada ano, tamén se non se usou por algún tempo.
— Coloque unha pantalla de vidro ou metal fronte á abertura da cheminea para evitar que saian brazas ou faíscas, ou que entren obxectos non desexados á cheminea, e axudar a previr a posibilidade de queimaduras dos que viven alí (Salvachispas).
— A estufa debe facerse funcionar a alta temperatura dúas veces ao día por 15 a 30 minutos para reducir a acumulación de creosota (feluxe).
— Non use cantidades excesivas de papel para facer un lume inmenso na cheminea. Se o fai, podería prenderse lume a creosota na cheminea.
— Xamais queime carbón dentro da casa. Isto pode producir cantidades letais de monóxido de carbono.
— Manteña os obxectos combustibles afastados da repisa da cheminea. Unha faísca da cheminea podería prender lume rapidamente a eses obxectos.
— Antes de ir durmir, asegúrese de que o lume da cheminea estea apagado. XAMAIS peche o tiro se hai cinzas quentes na cheminea. O tiro pechado axudará a que o lume se acenda novamente e fará que entre monóxido de carbono na casa.
— Se se usan paus sintéticos, siga as instrucións do paquete. NUNCA rompa un pau sintético para acelerar o lume ou use máis dun pau á vez. En xeral quéimanse en forma desparella, eliminando concentracións máis altas de monóxido de carbono.
Quédanvos uns pictogramas con indicacións para normas de seguridade cos aparellos eléctricos e uns enlaces a unhas páxinas moi interesantes…