Festa da Istoria 2017

publicado en: NOVAS | 0

Festa da Istoria 2017.
Deixámosvos información gráfica das 5 liñas de autobuses,  aparcamentos, posto médico, enfermería e postos de primeiros auxilios cos que conta este evento. Que coñezades o que a noria de evacuación por si houbera que poñela en práctica. En ningunha rúa pode haber postos ou estruturas que dificulten o paso dos vehículos de emerxencias, tamén vos mostramos as vías de saída das zonas de concentración do público.
A posta en marcha dos puntos de WIFI abertas, consolídase como unha idea excelente da  Coordinadora da Istoria para que todos poidades consultar a APP da Istoria.
Grazas a varios establecementos e veciños da vila: -Café Bar Morto-Rúa Progreso-Bar Meu e Barmacia-Rúa Progreso-Cafetería Comanda-Alameda -Ribeiro e Xamón-Praza Maior-Vinoteca-Praza Maior-Restaurante Praza-Praza Maior -Café-Pub Aljama-Rúa Trasmesones -Cafetería Rectoral-Praza Maior. Tafona da Herminia – Porta Nova de Arriba. Sefirot – Rodríguez Moure -Sede Coordinadora Festa da Istoria-Rúa Escobetes-Concello Banco Alhóndiga-Praza Maior -Casa Lhou-Rúa Yañez

A wifi chámase ISTORIA 2017. Si eres veciño de Ribadavia podes colaborar deixando a túa wifi aberta os días da Festa, si non sabes como facelo dende a Coordinadora poden axudarte.Recomendacións :
Atendede aos cortes de estradas durante o GRAN DESFILE DA ISTORIA 2017 (11:00h) que se paralizarán as liñas de autobuses gratuitos ata que o desfile deixe operativa a rúa Ribeiro – Carballiño – Muñoz Calero; e dicir a OU-504 Ribadavia/Cea (12:30h), a estrada a San Paio OU-406 e a estrada OU-0305 Ribadavia a Arnoia. Os usuarios desta última vía poden usar vías alternativas a través de San Paio ou Cortegada durante este tempo.
– Ainda que alguna compañía de telefonía reforzara o seu servizo con unha unidade mobíl, o uso do teléfono pode chegar a ser problemático por saturación da rede, polo que vos recomendamos que quededes cos amigos en puntos e horas concretas por si vos perdedes.
– Non deixedes os envases ou vasos de cristal na rúa, pódense romper e causar danos a outras persoas. En todo o casco histórico haberá capachos e contedores para depositalos ademais de un servizo reforzado por parte da organización e do concello durante todo o día. Os plásticos e lixo nas beiras dos ríos sempre acaba onde non deben; coida o medio ambiente aínda que sexa festa. Respeta o mobiliario urbano. A vosa colaboración e civismo e fundamental.
– Coidado coas carteiras, teléfonos e obxectos de valor (reloxos, cadeas etc.) Os bolsos sempre por diante do corpo e moito ollo nas aglomeracións (Desfile, rúas estreitas…) Os amigos do alleo non descansan.
– Non bebades si ides a conducir, e si non conducides falelo con moderación.
– Os teléfonos de emerxencias somentes en caso necesario, pero si o é… non dubidedes 112 e o teléfono onde vos atenderemos.
Teremos un Posto Médico Avanzado na Alameda, tres postos de primeiros auxilios: na antiga Sindical (Praza Samuel Eiján), no Centro Socio Comunitario (rúa Extramuros), Imprenta El Ribadaviense (rúa Progreso 17) ademais dunha unidade móbil con sanitarios nas actividades, e catro ambulancias por si foran necesarias.
Como nota especial este ano temos a necesidade de reclamar, aos veciños e visitantes,  o control máximo no consumo de auga potable.

Como sabedes en Ribadavia estamos nunha situación crítica ante a prolongada falta de choivas, o aumento considerable da poboación, o turismo onde cada ano nos visitan mais persoas durante o verán e as temperaturas extremas que estamos a sufrir na nosa zona, implica que teñamos que ser enormemente solidarios ante esta situación que se pode alargar aínda mais (que e o mais seguro).

-En época de sequía non almacenedes auga. Conservade a agua estritamente necesaria, pero nunca tiredes a «sobrante». A agua e un ben cada vez mais escaso, economice o seu consumo ó máximo: dúchese no lugar debañarse. Non teña permanentemente o grifo aberto na súa hixiene persoal e, en xeral, non utilice mais auga da imprescindible.

Aproveite a auga non demasiado sucia para usar no retrete, para regar as plantas ou fregar o chan.Seguide as recomendacións do Concello: https://www.facebook.com/Concello.Ribadavia/photos/a.719797408120072.1073741829.717384048361408/1143340995765709/?type=3&theater
Respetade as sinalizacións e colaborade coas indicacións dos servizos de emerxencias, orde público e organización…estamos a traballar para unha feliz FESTA DA ISTORIA 2017
Mais información:
https://www.facebook.com/groups/37872955957/?fref=ts
http://www.festadaistoria.com/
#PCRibadavia #GESRibadavia #Prevención #Precaución  #festadaistoria2017