Resumen de actividade de xullo 2017

publicado en: NOVAS | 0

No me de xullo levamos a cabo 90 servizos entre intervencións e operativos de Protección Civil.
8 accidentes de tráfico con 5 feridos de diferente consideración pero ningunha grave e que desexamos a súa recuperación total. 2 incendios urbanos, en San Cristovo (a primeira vez que traballamos conxuntamente co Parque Comarcal de Bombeiros O Ribeiro-Carballiño, un pracer ter axuda e material) e en Crecente cos bomeiros de Ponteareas. 1 falsa alarma de incendio en vehículo.  6 avisos de incendios forestais dos que 2 eran falsas alarmas. 9 incidencias na circulación por árbores/polas/cables/verquidos etc. 8 chamadas por animais soltos/feridos ou mortos nas estradas (cans, gatos, cabalo, falcón, corzo…)
¡¡¡23 retiradas de niños de vespas velutinas neste mes!!!  (Arnoia, Cortegada, Carballeda, Cenlle 8, Melón 6, Ribadavia 5…)
1 apoio sanitario e 3 aperturas de portas/ascensores.
24 operativos dos que a maioría foron de apoio dos nosos voluntarios na Mostra Internacional de Teatro. Por último tamén tivemos tempo para ter unha xornada lúdica cos nenos dun campamento de verán que xa lla tíñamos prometida fai tempo .