Resumen de actividade de agosto e setembro de 2023

publicado en: NOVAS | 0

Informamos da actividade realizada polo Servizo de Emerxencias (Ges e Protección Civil) de Ribadavia nos meses de agosto e setembro de 2023.

En agosto 195 intervencións, operativos e servizos

— 2 accidentes de tráfico (1 con feridos, que esperamos que estean recuperados, e 1 sen feridos)
— 7 intervencións con animais soltos feridos ou mortos
— 137 niños de velutina retirados ou neutralizados. 2 niños de abellas retirados.
— 12 incidencias na vía pública por temporais, árbores/polas. terra/pedras. socavóns, cables de luz/teléfono. Verteduras na vía pública.
— 1 intervención por coches ardendo
— 2 Incendios forestais (1 era falsa alarma)
— 1 incendio urbano.
— 4 apoios sanitarios: mover paciente, helicóptero de urxencias médicas, persoas en lugares difíciles
— 5 aperturas de porta/ascensores, e accesos por persoas caídas ou que non responden.
— 23 operativos de protección civil no que cabe destacar a festa da Istoria, actividades culturais, concertos, tirada de fogos,baldeos de parques infantís, mantemento da estación meteorolóxica etc.

En setembro 91 ata 26  entre intervencións, operativos e servizos

— 3 accidentes de tráfico (2 con feridos, que esperamos xa estean recuperados, e 1 sen feridos)
—10 intervencións con animais soltos, feridos ou mortos.
— 41 intervencións por eliminación ou neutralización de niños de vespa velutina, e 2 con abellas
— 1 incidencias na vía pública, por verquido de concreto
— 2 incendios urbanos..
— 4 Mobilizacións por incendios urbanos (1 deles falsa alarma)
— 2 apoios sanitarios o helicóptero de urxencias médicas.
— 1 Rescate persoa caída nunha sepultura.
— 3 aperturas de portas por persoas que non responden ou caídas na casa
— 19 operativos de protección civil: apoio nas festas do Portal, tirada de fogos, baldeos, sinalizacións de maquinaria etc.