Informamos da actividade realizada polo Servizo de Emerxencias (GES e Protección Civil) de Ribadavia nos meses de outubro e novembro de 2023.
En outubro 111 intervencións, operativos e servizos
— 8 accidente de tráfico. 4 con feridos/falecidos, dous deles con excarceración con 5 persoas feridas, que esperamos a súa recuperación, e unha, por desgracia, falecida. e 4 accidentes sen feridos.
— 8 intervencións con animais soltos/feridos ou mortos.
— 26 Intervencións en retirada/eliminación de niños de velutinas, e 1 unha de trampeo colocando 25 trampas, para a campaña de outono e repartindo, ademais, a mezcla para outras 15 mais.
— 16 intervencións por incidencias en estradas/vías públicas por caída de árbores/polas/verteduras/desprendementos-arrastres a raíz dos temporais que comezaron este mes.
— 4 incendios, 1 deles falsa alarma nun coche, 1 urbano, e 2 forestais/queimas.
— 2 Riscos-anegamentos-Avenidas por umbrales de activación no río Avia/Miño
— 10 servizos por Prevención de riscos que abarcan desde o balizamento e sinalización das zonas inundables a mantemento constante de sumidoiros
— 4 Apoios o helicóptero de urxencias médicas
— 2 Rescates nas Pozas de Melón, 1 desgraciadamente con resultado da persoa falecida, e no outro 1 persoa ferida cun nocello roto.
— 31 Operativos de Protección Civil que abarcan dende apoio a vacinación de persoas maiores no PAC de Ribadavia, a revisión de sumidoiros, actividades deportivas, Día da Bici, Xornada Provincial de PC, a simulacros nos balnearios da comarca.
En novembro 95 intervencións, operativos e servizos
— 5 accidentes de tráfico: 4 con feridos, 1 accidente sen feridos. 1 accidente laboral con 1 ferido, que esperamos que todos eles teñan unha evolución satisfactoria.
— 6 intervencións con animais soltos/feridos ou mortos.
— 5 Intervencións con velutinas, das cales 3 foron revisión e volta a trampear despois dos temporais de este mes.
— 31 intervencións por incidencias dos diferentes temporais en árbores/polas/postes de luz/teléfonos, desprendementos e arrastres de terra nas estradas e vías/espazos públicos.
— 6 activacións por diferentes incendios 3 en cables eléctricos, e 3 urbanos (2 deles falsas alarmas, frecuentes no mesmo lugar, por deficiente instalación de alarmas de fume)
— 2 Apoios o helicóptero de urxencias médicas.
— 1 Apertura de porta por persoa caída na casa.
— 36 Operativos de Protección Civil que abarcan, sobre todo intervencións polos temporais; revisión de sumidoiros, balizamentos etc.
#Precaución #Prevención #GESRibadavia #PCRibadavia #ProtecciónCivil