O Gran Camiño 3ª Etapa: Xinzo de Limia – Ribadavia

publicado en: NOVAS | 0

O Gran Camiño 2024 celebra a chegada a Ribadavia na súa 3ªetapa, onde as estradas e rúas afectadas estarán cortadas ao tráfico en todo o tramo dende, aproximadamente, 40 minutos antes da entrada da carreira no noso Concello, estimada as 16:50h, e estará indicado pola Garda Civil de Tráfico, agás as rúas Progreso dende Carlos Casares, Virxe do Portal, San Lázaro e Avda, de  Redondela ata a intersección coa estrada de Francelos (OU-801) onde estará prohibido aparcar dende ás 7:00h ata as 20:00h do sábado.

Tamén estará prohibido aparcar de 7:00h ata as 20:00h as rúas Carlos Casares, José Mª Martínez, Ramón Otero Pedraio ata a súa intersección con Celso Emilio Ferreiro, podendo circular en doble sentido por Carlos Casares soamente de mañá.
En todo caso irase normalizando o tráfico nas estradas conforme pase o pelotón.
Sábado, 24:
Final 3ª Etapa – Ribadavia

Estradas e rúas afectadas*

—OU-402 Ponte Castrelo a San Paio. Stª Cristina
—OU-406 San Paio a Ribadavia- Hnos. Álvarez Araujo.
—Estrada Pavillón, O Consello, Estación FFCC. San Francisco
—Estrada OU-0305 Arnoia –A Foz.
—Meta na rúa Progreso (OU-405) Castelo dos Sarmiento
—Todas as indicadas e as que interseccionen con elas.

Recomendacións:

—Facede a previsións oportunas para este día e estes horarios.
— Si tedes que viaxar, deixade os coches en rúas que non interseccionen coas afectadas pola etapa.
— Especial atención as mascotas e  animais domésticos. Poden producir accidentes graves. Os propietarios deben coidar, moi especialmente, que non poidan acceder ás vías por onde discorra a carreira.
—As estradas secundarias, locais, pistas agrarias ou paseos fluviais que dan saída en vehículo as estradas principais cortadas ao tráfico pola carreira, e posible que teñan mais afluencia de tráfico do normal por iso prégase circular por elas con moita precaución e non facer uso do vehículo se non e absolutamente necesario.

Disfrutade de O Gran Camiño 2024
#Precaución #Prevención #GESRibadavia #PCRibadavia #ProtecciónCivil