Unha vez revisados os datos da enchente de xaneiro, poñémosvos o gráfico resultante dos caudales en diferentes puntos da bacía do Avia: Arenteiro en Carballiño, turbinado de Albarellos, Leiro na Ponte da Esperela, e Ribadavia na Ponte de San Francisco ( a estación da Barca non da ese dato de caudal, solo da datos de niveis de metros relativos e metros sobre o nivel do mar). Tamén vos poñemos os datos da pluviometría que se recolleu na mesma bacia: Cabana en Piñor de Cea, Carballiño, Lebozán en Beariz, a presa de Albarellos, Leiro e Ribadavia, todos cada 12h.
Pódese ver que unha vez laminando o encoro, e desde que cae a choiva en Lebozán ata que esa auga pasa por Ribadavia lévalle 5/6 horas. Que de Leiro a Ribadavia, o pico da enchente tardou 2 horas.
Que dos 411m3s que pasou por Ribadavia no punto máximo 134m3s recolleunos no tramo de regatos de Leiro a Ribadavia.
De tódalas maneiras ningunha enchente e igual a outra, según onde se produza a caída da auga etc. Aí vos queda tamén a enchente de xaneiro de 2014 na que tamén laminou Albarellos e unhas proxeccións feitas con modelos díxitais de elevacións de diferentes puntos do río.
https://www.youtube.com/watch?v=4Sh9W85uVTM
#GESRibadavia #PCRibadavia #ProtecciónCivil