Despois da choiva desta noite, no que o Avia sufriu un repunte que nos deixou a 12cm. do Umbral de Prealerta, Albarellos, que estaba a verter por comporta 33cm. aumentou o verquido por comporta 56cm ata os 258,89msnm. Volven a estar anegadas algunha zonas pero nos dín que o peor pasou….neste río.https://www.periscope.tv/w/aWdxZjQ4OTY2ODl8MW1ueGVCQUx6d1BLWMRP4KpqdnS5sfcaFQ6rBGQ2N-AWYm-MOCUeTOpOAbmp
No Miño non e así e nos acaban de enviar unha Alerta dende o 112 que nos avisa do aumento do caudal do río así que, estaremos atentos a este río, a zona da Foz e a estrada de Arnoia (OU-0305) e vos pedimos #Precaución o longo do día pola posible evolución do caudal.
Esta zona podédela seguir aquí: http://saih.chminosil.es/index.php… , ademais de ver o que esta a pasar na Peroxa (Miño-Sil) http://saih.chminosil.es/index.php… , e en Ourense http://saih.chminosil.es/index.php…. O que faga o río alí farao posteriormente aquí.
Ahora mesmo: dáse por finalizado o episodio por Fenómenos Meteorolóxicos Adversos por vento e choiva.
Continúa #alerta por enchentes no #Miño (#Ribadavia e #Arnoia ollo a estrada #OU_0305)
Nos daremos por normalizada a situación cando se normalice o Miño e, sobre todo, Albarellos deixe de laminar pola comporta (agora 258,72 e lamina a partires do 258 msnm, aproximadamente)